sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO.

Como xa sabedes hoxe é o día do libro, e no cole levamos case todo o mes festexándoo, tanto na aula, coas mamis contacontos, coma na biblio do Cra, con mamis e mestres contacontos.  Pouco a pouco irei colgando as fotos e pequenos videos das mamás que viñechédes a aula, hoxe deixo os bonitos marcapáxinas que fixeron os nenos e nenas esta semana, así como unha ilustración de Laura Wood que mostra o poder da lectura, amplía a nosa imaxinación e o noso mundo.
Aproveito para felicitar a Alba Álvarez e a Amanda que hoxe están de cumple. E para lembrarvos que o luns 25, na aula de Seixo, haberá un contacontos moi especial, a cargo do equipo de biblioteca do Cra, ás 17:00 horas, non volo perdades.



 















3 comentarios: