domingo, 29 de octubre de 2017

Cumple Pedro.

Este martes 24 de outubro Pedro estivo de cumple, 4 aniños. Moitísimas Felicidades!!!!
O luns os seus compañeiros preparáronlle un agasallo, un cadro, Pedro quixo que lle pintasen un dinosaurio, cada neno/a fixo o seu e logo eleximos un para plasmar no cadro. 
Este ano por primeira vez festexamos o cumple ao estilo Montessori. Deixo un anaquiño mostrando cómo ,para que vos fagades unha idea. Temos o sol no centro do sistema solar,  as diferentes estacións e os meses do ano, o neno cumpleañeiro representa a terra, que xira arredor do sol, cada vez que o neno (a terra) xira arredor do sol e chega ao mes no que naceu, pasou un ano. Cando pasa un ano, mostramos fotos de feitos significativos que lle aconteceran ao neno/a nese ano e así cada ano ata chegar ao anos que cumpliu. É un xeito de que os cativos se fagan unha idea máis clara do  paso do tempo, aínda que é bastante complicado para eles.

























miércoles, 25 de octubre de 2017

Pinta Arte. Cores primarias.

Este curso o noso proxecto chámase Pinta Arte no que traballaremos os elementos básicos da linguaxe visual, diferentes técnicas e instrumentos artísticos, produccións artísticas variadas de diferentes artistas (cadros, fotos, esculturas, curtametraxes, músicas...) e sobre todo intentaremos expresar o que sentimos tanto admirando arte  (que quixo dicir o autor, que sentimentos provoca en nós, que cores utilizou, onde estaba...) coma producindo arte. 
Empezamos moi pouquiño a pouco, coñecendo as cores primarias e facendo cousiñas utilizando as mesmas. As letras do noso nome sobre un fondo creado con puntillismo, debuxos libres usando as cores primarias.















miércoles, 18 de octubre de 2017

Froitos de Outono.

A profe Paula trouxo unha cesta de mazás caseiras e eu aproveitei para asaltar a horta da miña nai para traer froitos típicos do outono, as espigas dos meus sogros... así que algo había que facer con todo isto: vocabulario, tacto, degustación, cociña, motricidade fina... e algunha cousiña máis faremos.




                  










sábado, 14 de octubre de 2017

Visitamos a biblioteca do cole.

O luns fomos a visitar a biblioteca do Cra. Compartimos a xornada cos compis de Amorín e Seixo 3. Rebeca explicounos o funcionamento da biblioteca. Hai unha grande variedade de contos en castelán, galego e  uns poucos en inglés e portugués e tamén pelis e xogos, así como libros para as familias. Os nenos/as poden levar duas cousas e os adultos unha e cada cinco visitas poden levar unha caixa sorpresa en empréstito. A biblio está aberta o luns, mércores e xoves de  16:00 a 18:00 e Iris, a mascota da biblio, está desexando que a visitemos, así que, xa sabedes.


Aproveitamos tamén para visitar a escultura de Liliya, xa que este curso o noso proxecto é de arte e a plaza de abastos. Darlle as grazas a todos os praceiros e a profe Rebeca por organizar esta xornada para todo o cole.

viernes, 13 de octubre de 2017

Saída de outono 2017

Como cada curso aproveitamos o bo tempo para facer unha escapada aos arredores do pobo, así paseamos, comprobamos os cambios estacionais e imos facendo pequenos-grandes descubrimentos. Desta volta recollemos algo de lixo que había polas cunetas, quedou bastante atrás porque había moito, moito. Pasamos polas casas de algúns compañeiros, observamos as cores de outono, recollemos castañas no souto e aproveitamos para ir ver os cabalos, un pouquiño de lonxe pero sempre nos fai ilusión. Ao día seguinte no cole clasificamos e fixemos unha bonita mandala de outono.






domingo, 8 de octubre de 2017

Aniversarios de Leyre e Noel.

Leyre e Noel estiveron de cumple a finais de agosto, catro e cinco anos respectivamente, e como no, tiñan que festexalo no cole tamén. Os seus compis fixéronlle debuxos segundo os seus gustos e as suas familias trouxeron unha riquísima merendola. Pasámolo ben.














Montse, Aroa e a avoa Carmen.        Tino, o papá de Leyre.
Esperamos que Carmen, que está un pouco maliña, se recupere pronto e poida seguir limpando o noso cole e outros do Cra tan ben como sempre.