miércoles, 30 de marzo de 2016

Pascua 2016.

As dúas últimas semanas deste trimestre estivemos traballando moito na aula, fixemos ovos de pascua con fíos de cores, unha actividade coa que traballaron a paciencia e a motricidade fina, houbo que axudarlles un pouco, sobre todo aos pequenos, non era doado enroscar os fíos arredor do globo... O mellor, as caras dos nenos/as cando explotabamos o globo, e alí quedaban os fíos coa forma do globo.
Fixeron con Mirta un precioso coelliño de galleta con todos os pasos, facer a masa, estirala e cortala co cortador, forneala e decorala con glasa e rotus comestibles... actividade a que lle adicamos varias sesións, moitas grazas Mirta por toda a tua a adicación e traballo e tamén estiveron cubrindo as autoavaliacións, comprobando o que xa saben facer e o que aínda lles custa un pouquiño, co cal a nosa aula foi un formigueiro de continua actividade.

















lunes, 28 de marzo de 2016

Xogamos e aprendemos mates. ABN.

Unha mostra do traballo matemático realizado no segundo trimestre.





sábado, 19 de marzo de 2016

CUMPLEANOS SAMUEL.

Hoxe 19 de marzo é o cumple de Samuel, 5 anos xa, festexámolo onte na aula, xunto cos seus pais e irmá Daniel, pasamos unha bonita xornada adicada a Samuel, falamos do que lle gusta, os seus compañeiros fixéronlle debuxos, axudáronlle a facer a súa coroa, tivemos unha rica merenda ... Aquí queda un recordo do día de onte. Moitísimas Felicidades Samuel. 
Aproveito para felicitar a todos os pais e especialmente aos papás dos nenos/as de Carregal, disfrutade do día cos vosos fillos, sodes os seus ídolos.






























martes, 15 de marzo de 2016

Arte en tres dimensións. Visitamos ao escultor Luis Álvarez.

O xoves 3 de marzo, tivemos unha xornada de convivencia coas escolas de Figueiró e Estás, para visitar ao escultor Luis Álvarez, pai de África, (da escola de Figueiró) e tío de André. Fomos en dúas quendas a súa casa,xa que eramos moitos, onde ten unha morea de esculturas, e por tanto unha morea de horas invertidas, de traballo, paixón e ilusión; nolas ensinou e explicou moi amablamente, contándonos o que quixo expresar e representar el, pero deixando claro, que cada persona pode mirar cousas distintas, o importante é que nos digan algo.
O obxectivo é achegar aos nenos a unha forma de arte distinta e quizáis menos coñecida, que é a escultura e de darlles a mensaxe de que se algo che gusta debes loitar por acadalo, porque sobre todo, che vai facer feliz. Luis nos comentaba que cando se pon a esculpir as horas parécenlle minutos, porque está facendo algo que lle gusta.
Darlle as grazas a Luis por recibirnos e tratarnos tan ben e a profe Leti por convidarnos e por facer a montaxe deste movie, (gracias, porque se nos acumulan as cousas que vos queremos ensinar, para achegarvos ao que imos facendo no día a día da aula) tamén a profe María e a todos os que nos acompañaron nesta xornada.
Luis fai reproduccións de mans ou pés, por si queredes ter un recordo de como era a man ou pé do voso neno/a con estas idades...por si vos interesa. 


jueves, 10 de marzo de 2016

Crearte II. Arte fraccionario. Emocións. Ioga.

Hai duas semanas compartimos cos compañeiros de Figueiró unha xornada de Crearte en Vilameán. A pesar do mal tempo, pasamos unha mañá moi agradable e superentretidos cos talleres e xogos que fixemos. Darlle as grazas as profes Leti e Mer por traballar con tanto entusiasmo e boa enerxía. Tamén a Aurora que se animou e fixo un pouquiño de ioga con nós. Experiencias bonitas que nos axudan a perder medos, socializarnos, aprender dos outros, compartir...

domingo, 6 de marzo de 2016

Novos Sabores. Bizcoito de laranxa e cacao.

Continuamos co taller de cociña, nesta ocasión un bizcoito, novamente da man de Mirta, pero desta volta con sabores novos, fariña de avena,fariña de almendra, aceite de oliva virxen extra, cacao puro sen azucre, azucre de panela, bebida de avena... Intentando facer unha repostería un pouquiño máis san. Fixemos un bizcoito pequeniño porque non sabiamos se aos nenos lle ía a gustar, pero aínda que houbo excepcións, en xeral triunfou.
Volvo a resaltar que co taller de cociña, traballamos practicamente todas as competencias, os sentidos: miramos, escoitamos, cheiramos, probamos, saboreamos... linguaxe, matemáticas, 
autonomía,motricidade, o respeto aos compañeiros, a espera...

Decoración de inverno.

Para decorar as ventás da aula, os nenos estiveron facendo unha especie de copos de neve ou mandalas, primeiro practicamos doblando os folios e logo cortaron libremente, quedaron xenial!!! O mellor, a expectación e a cara de ilusión ao abrir o papel, porque era unha sorpresa para todos como ían quedar. Amanda fixo na casa outras cos seus pais, superchulas.