lunes, 30 de abril de 2018

Cumple de Alba e Mónica contacontos.

O pasado 23 de abril, día do libro, Alba cumpliu xa 6 anos, moitísimas Felicidades guapísima.
Mónica, trouxo unha tarta bolboreta, fotiños de Alba para coñecela dende pequeniña e contounos un tenro e fermoso conto que fala da importancia de dicirnos "Te quiero".

































martes, 24 de abril de 2018

Cumple Alejandra. 6 anos.

O 14 de Abril Alejandra cumpliu xa os 6 aniños, como pasa o tempo!!! e que privilexio para nós, os mestres, poder compartir este tempo con eles, observar e acompañalos, miralos medrar en tódo-los sentidos. Un abrazo grandote Alejandra. Moitísimas Felicidades!!!!






















lunes, 23 de abril de 2018

Visita centro de día.


O pasado 6 de abril as escolas de Figueiró, Seixo 1 e nós, fomos a pasar a xornada cos maiores do centro de día, estivemos preparándolle un agasallo na aula  e  unha vez alí, disfrutamos de conversas e de distintos talleres con algúns deles.
Contáronnos cousas de San Campio de Lonxe, a súa idade, repasamos a prensa...
Esta actividade foi moi especial, posto que os nenos e nenas puideron observar outra realidade distinta a súa. Deixo aquí un pequeno resumo.



jueves, 19 de abril de 2018

Patrimonio histórico Carregal.

Este curso o proxecto Voz Natura estaba adicado entre outras cousas ao patrimonio, e preguntando preguntando ,en Carregal descubrimos unha fermosa historia.
En Carregal festexáse a festa do Pampullo ou do traballo e os veciños da zona decidiron facer un relevo dunha campesina para representalo, pero nos anos da guerra civil, bombardeárono e logo un alcalde da época mandou enterrar os anacos. 
Sesenta e un anos despois, a comisión de festas do momento, integrada entre outros por Victor Rolán, o avó de Leyre, sabendo da historia decidiron buscar a figura, e resumindo moito , atopárona e mandárona reconstruir, atopándose no momento actual no bar da festa de Carregal. 
Tamén fixeron unha réplica en pedra sita no campo da festa.
O avó de Leyre viu a finais do segundo trimestre a contarnos esta historia, xusto o 8 de marzo, día da muller, moi oportuno porque este monumento é unha muller campesina, unha homenaxe as mulleres daquela época. 
 E fai duas semanas, puidemos completar o traballo visitando os momunentos. 
Por último fixemos o noso cartel. 




domingo, 8 de abril de 2018

Marabillosos contacontos.

Neste mes de abril festéxase o día do libro, por iso imos empezar a festexalo con dous fantásticos contacontos, Alejandra e Pedro.
Unha das rutinas diarias de aula é o momento do conto, que podemos contar os mestres, ou eles, os nenos e nenas. Isto axúdalles na competencia lingüística, ampliando vocabulario, desenrolando unha historia, repetíndoa ou contándoa ao seu xeito, secuenciando a historia, contándolle aos seus compañeiros, traballando por tanto tamén, a competencia social. 
Ademáis da escoita, a atención, a imaxinación, a fantasía, a reflexión... Polo tanto, a leer moito, vós a eles e eles a vós. Por ler enténdese tamén ler as imaxes, contar ao seu xeito.

lunes, 2 de abril de 2018

Pascua. Taller de cociña. Biscoito e flocos de millo.

Últimas actividades do segundo trimestre. Ambas relacionadas coa cociña e a creatividade: flocos de millo e biscoito saudable. Falamos da procedencia dos distintos ingredientes, que tipo de comida son: cereais, froitas, tubérculos... ulimos, probamos, traballamos en equipo, cortamos, mixturamos, esperamos...
Cos palomiteiros partindo de diferentes formas: círculo, cadrado, óvalo, corazón... foron engadindo as diferentes partes que identifican a galiña...