sábado, 24 de diciembre de 2016

Traballo navideño e Felicitación de Nadal.

Ahí vai un resumo de todo o que fixemos estas últimas semanas na aula e tamén a nosa particular Felicitación Navideña, grabada nunha sola ocasión xa que non tivemos oportunidade de repetir, polo que as mensaxes dos nenos/as non se escoitan ben, por eso as transcribín.
Darlle as grazas a profe Rebeca por axudarnos tanto coa canción.
Seguro que cos desexos e mensaxes dos nenos/as facemos un mundo mellor, así que a lembrarnos delas todos os días. Bo Nadal!!!




jueves, 22 de diciembre de 2016

Crearte 2016

Ahí vai a primeira sesión de Crearte deste curso, que compartimos cos compis de Aurora e Amorín, divertímonos cos talleres de experimentos e cociña e sobre todo desfrutamos unha xornada de convivencia entre nenos e mestres, que tanto nos aporta.

jueves, 15 de diciembre de 2016

Motricidade fina.

O desenrolo da motricidade fina é fundamental para acometer con éxito actividades da vida diaria, como cepillar os dentes, comer con cubertos, vestirse e tamén para pintar, escribir.. Aquí algunhas actividades que lles axudan a desenvolvela, ao mesmo tempo que se divirten, concentran e crean.





martes, 6 de diciembre de 2016

Mates en movemento.

Se hai diversión, hai aprendizaxe, así que por qué non facer as mates divertidas? Ahí van algúns dos nosos xogos matemáticos.

jueves, 1 de diciembre de 2016

Cumpleanos Gabriel


O luns 28 de novembro festexamos o cumple de Gabriel, 4 anos xa, viu a súa mamá Ana, e fixemos o biscoito de cumple, saíu riquísimo. Mentres o biscoito se cocía no forno, Ana estivo axudándonos nas tarefas do cole, moitas grazas. Momentos fermosos que resumimos nestas imaxes. 
Moitísimas Felicidades Gabri!!!!



















CUMPLEANOS FELIZ EN RUMANO. ENCANTOUME!!!
















viernes, 25 de noviembre de 2016

SAÍDA DE OUTONO.

O mércores 9 de novembro fixemos unha saída aos montes cercanos de Carregal, para disfrutar do outono, das cores, a paisaxe, para pararnos e observar o entorno, con calma... atopamos algúns bechos, xogaron a camuflarse, pisaron e saltaron charcos unha e outra vez, recollemos pequenos tesouros, atopamos bastante lixo; non íamos preparados para recollelo, quedamos en que para outra ocasión; sí o fariamos. Foi un fermoso paseo que todos disfrutamos moito. Darlle as grazas a profe Neli por acompañarnos. 
Sempre me gustaron as saídas ao entorno, disfrutar da natureza, pero cada vez estou máis convencida dos moitos beneficios que nos aportan, e de que os nenos/as non necesitan moito máis para xogar e,pasalo xenial e aprender en e con tódo-los sentidos.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Trasvases II.

Outro exemplo de trasvases, desta vez requerindo moita máis precisión e control motórico, posto que había que trasvasar gotiñas de auga con goteiros e despois con xeringas. 
Se vos apetece probade na casa, só necesitades o goteiro e un anaquiño de alfombra de baño, das antideslizantes.


jueves, 17 de noviembre de 2016

Xogos de movemento e puntería.

Como xa expliquei en anteriores entradas, o movemento a calquera idade ,e especialmente na etapa educativa na que nos atopamos,é fundamental para o bo desenvenvolmento físico e mental. Ademáis, proporciona placer e  diversión e esa debe ser a finalidade última do xogo.
Por iso aínda que o mellor xogo é o espontáneo e non dirixido, na aula todos os días facemos distintos tipos de xogos. para que poidan facer novos descubrimentos e para que se divirtan, ademáis de traballar outros obxectivos.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Cumple Matteo.

O mércores 2 de novembro festexamos o cumple de Matteo xa que coincidira co magosto, 4 anos xa.       Genma animouse e viu a facer o biscoito de cumple ao cole, resultou unha bonita xornada, de traballo en equipo e ricos aromas, e sabores, o biscoito de chocolotate, boísimo, que seguro Matteo non olvidará; que os  pais/nais veñan ao cole é moi significativo para eles.
Moitas grazas Genma e moitísimas Felicidades Matteo!!!!























domingo, 6 de noviembre de 2016

Magosto-Samaín 2016.

O venres 28 de outubro festexamos o magosto e o samaín, en Amorín. Ese día foi o cumple de Matteo e non puido ter mellor festa porque o pasamos xenial e houbo un montón de sorpresas.
Darlle as grazas a Anpa pola súa colaboración, ao equipo de mestres de extraescolares, pola organización e os xogos tan chulos que nos propuxeron e a todos os que fixeron este día tan especial, Tamara, a mestra de teatro, a banda de Goián, a protección civil e bombeiros  e a policía local, E por suposto a vós, as familias, por traer a leña e as castañas!!! Ahí vai o resumo do día.



sábado, 5 de noviembre de 2016

El mensaje que tu hijo/a te enviará desde el futuro.

Navegando por la web, intentando aprender de todo lo que se comparte, encontré este artículo, me encanta y creo que debemos ir en esa dirección, por eso lo comparto con vosotros. ¿ Que pensáis?

http://www.aprendiendoconmontessori.com/2016/10/el-mensaje-que-tu-hijoa-te-enviaria.html



domingo, 30 de octubre de 2016

Sensacións: Trasvases de líquidos e mandalas.

Como vos dixen nunha anterior entrada, este curso estamos traballando por recunchos, sen dúbida, un dos que máis éxito está tendo, é o de sensacións, quizáis por novidoso.
Nesta ocasión os nenos e nenas están facendo trasvases de líquidos, unha actividade Montessori, incluida na actividades da vida diaria, na que se traballa a concentración, motricidade fina, coordinación óculo-manual, forza... 
O video é un pouquiño longo, pero quería que poidades ver a maioría dos nenos facendo a actividade, tinximos a auga para que a actividade fose máis atractiva e que ademáis poideran ver mellor a auga que se lles caía por fóra. 
As actividades Montessori normalmente fanse en espacios acotados, que lles axudan a unha correcta organización, neste caso unha bandexa con fondo blanco, é moi importante a orde e limpeza do material. 
A xarra e os cuncos que utilizan son de cristal, polo que o peso é importante, e tiñan que ter moito coidado que non se lles caesen, fixérono xenial. Seguirán practicando para gañar en precisión, calcular canta auga deben botar nos cuncos para que logo non sexa tan difícil voltar a metela na xarra, prescindir dos embudos...
Pouco a pouco ensinarémosvos outras actividades de trasvases que podedes practicar na casa.




lunes, 17 de octubre de 2016

Visitamos a biblioteca do Cra e a praza de Tomiño.

O venres 7 de outubro fixemos a primeira saída do curso, fomos a visitar a biblioteca do Cra e a plaza de abastos do Seixo. 
Recibíronnos na súa aula os compañeiros de Seixo 2 e compartimos a xornada cos compis de Forcadela. 
Rebeca, mestra de música e coordinadora da biblioteca, organizou unha xornada estupenda na que nos presentou a biblioteca do Cra, ensinounos todo o que podemos atopar nela: moitítimos contos, xogos, dvds... presentounos a mascota da biblio, Iris, e tamén nos ensinou as caixas que podemos levar en empréstito, cando visitemos a biblioteca cinco veces.  
Lembrade que estará aberta os luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00. 
Logo contounos un fermoso conto e despois de merendar e xogar no parque da praza de Mina, fomos á praza de abastos, onde todos os praceiros nos recibiron moi ben e nos explicaron as cousas que venden. Tamén nos fixeron algún agasallo, chocolates e pinturas. Moitas grazas!!!


miércoles, 12 de octubre de 2016

RECUNCHOS.

Este curso cambiamos un pouquiño a metodoloxía de xogo-traballo na aula, establecemos 8 recunhos, polos que os cativos pasarán en parellas ao longo da semana, a mesma parella que teñen para as responsabilidades de aula (teléfono e porta, perchas e botas, rutinas, biblioteca, merendas e puzzles). Cada semana irán cun compañeiro distinto, para fomentar que se coñezan, que aprendan a colaborar e traballar xuntos, a axudarse... 
Ata o de agora van a todos os recunchos en parellas e a outro van tres, posto que de momento somos impares, esperamos que a compañeira veña prontiño.
Os recunchos son os seguintes:

- Sensacións, relaxación, experimentos. Onde se poderán relaxar e concentrarse con mandalas, coa botella da calma, manexando e manipulando materiais naturais e non naturais, farán actividades tipo montessori, que favorecen a autonomía, a concentración, a orde... así como experimentos variados. 

- Grafismos, xogamos coas letras. Experimentarán distintos grafismos en distintas texturas, na pizarra e farán xogos de conciencia fonolóxica, vocabulario, invención de historias, letras con distintos formatos, formación de palabras...

- Manipulamos as mates. puzzles e xogos que traballan distintas nocións matemáticas: figuras xeométricas, simetrías, conteo, nocións espaciais, seriacións

-Navegantes. Xogos no ordenador e tablet.

- Artistas. Debuxos e actividades que promovan a creatividade, coñecemento de algúns pintores e artistas...

- Proxecto. Onde traballaremos os bechos, características, alimentación, beneficios, inconvintes, clasificación...

- Construccións. Onde manexarán diferentes tipos de materiais de construcción.

- Disfraces, cocinita. No que farán xogo simbólico.

Estes dous últimos recunchos son máis de xogo libre, aínda que as veces poida haber propostas. Nos outros haberá propostas de actividades e ao rematalas poderán xogar nese recuncho co que queiran.

Moitas das propostas dos recunchos traballaranse previamente en gran grupo, sobre todo o relacionado co proxecto, cos experimentos, xogos matemáticos... e por suposto os xogos de movemento.
Pouco a pouco irémosvos contando máis cousiñas.
Tamén vos invitamos a facer propostas para os recunchos especialmente para os experimentos e o proxecto.  Moitas grazas.





domingo, 25 de septiembre de 2016

COMEZO DA AVENTURA 2016-2017


Arrancamos o curso con moita ilusión, con ganas de divertinos, de coñecernos, de aprender, de vivir novas experiencias...
 Deixo aquí un resumo destas dúas semanas.
 Falta Amparo, que se incorporará máis tarde, esperamos que veña prontiño.
 Neste tempo tamén festexamos o cumple de Noel, que cumpliu 4 anos o 30 de agosto e o meu, que cumplín uns poucos máis, ja, ja.




ANIVERSARIO NOEL.



















ANIVERSARIO MERCHI.