sábado, 28 de enero de 2017

CUMPLEANOS ÉIRE.

O martes 24  de xaneiro festexamos o quinto cumpleanos de Éire, pasámolo moi ben. Tomamos unha riquísima tarta que fixo coa sua nai e tamén estivo traballando moito coa sua mamá, facendo uns lápices chulísimos para todos. Moitas grazas e moitísimas felicidades.





















Os preciosos agasallos que nos fixo Éire.





Na sesión de ioga dos martes, aproveitaron para felicitar a Éire,estaban entusiasmados, superguay!!!!




viernes, 27 de enero de 2017

Aprendemos de bechos con Adolfo Cordero.


A volta das vacacións de Nadal, contamos coa visita de Adolfo Cordero, profesor de ecoloxía evolutiva na universidade de Vigo, que viu de xeito totalmente altruista a contarnos curiosidades dos bechos, que poido estudiar nas súas interesantes viaxes e proxectos de investigación, darlle dende aquí as grazas pola súa visita, por ser tan cercano e amable cos cativos e cativas e invertir o seu tempo en enriquecer o noso proxecto deste curso. Moitas, moitas grazas.
Tamén darlle as grazas a Genma, mamá de Matteo, por poñernos en contacto con el. Moitas grazas.
Así acercámonos a figura do entómologo, persona especializada no estudio dos insectos, e aproveitamos para compartir unha xornada de xogos e diversión cos compis de Amorín  e Taborda.


martes, 24 de enero de 2017

Recomezamos: novos xogos, patio e ioga.


Empezamos novo ano e con el o segundo trimestre deste curso, estrenamos xogos, seguimos explorando o patio, ultimamente menos; porque vai moito frío e continuamos coa sesión semanal de ioga. Pouco a pouco irémosvos contando máis cousiñas.