domingo, 30 de octubre de 2016

Sensacións: Trasvases de líquidos e mandalas.

Como vos dixen nunha anterior entrada, este curso estamos traballando por recunchos, sen dúbida, un dos que máis éxito está tendo, é o de sensacións, quizáis por novidoso.
Nesta ocasión os nenos e nenas están facendo trasvases de líquidos, unha actividade Montessori, incluida na actividades da vida diaria, na que se traballa a concentración, motricidade fina, coordinación óculo-manual, forza... 
O video é un pouquiño longo, pero quería que poidades ver a maioría dos nenos facendo a actividade, tinximos a auga para que a actividade fose máis atractiva e que ademáis poideran ver mellor a auga que se lles caía por fóra. 
As actividades Montessori normalmente fanse en espacios acotados, que lles axudan a unha correcta organización, neste caso unha bandexa con fondo blanco, é moi importante a orde e limpeza do material. 
A xarra e os cuncos que utilizan son de cristal, polo que o peso é importante, e tiñan que ter moito coidado que non se lles caesen, fixérono xenial. Seguirán practicando para gañar en precisión, calcular canta auga deben botar nos cuncos para que logo non sexa tan difícil voltar a metela na xarra, prescindir dos embudos...
Pouco a pouco ensinarémosvos outras actividades de trasvases que podedes practicar na casa.




lunes, 17 de octubre de 2016

Visitamos a biblioteca do Cra e a praza de Tomiño.

O venres 7 de outubro fixemos a primeira saída do curso, fomos a visitar a biblioteca do Cra e a plaza de abastos do Seixo. 
Recibíronnos na súa aula os compañeiros de Seixo 2 e compartimos a xornada cos compis de Forcadela. 
Rebeca, mestra de música e coordinadora da biblioteca, organizou unha xornada estupenda na que nos presentou a biblioteca do Cra, ensinounos todo o que podemos atopar nela: moitítimos contos, xogos, dvds... presentounos a mascota da biblio, Iris, e tamén nos ensinou as caixas que podemos levar en empréstito, cando visitemos a biblioteca cinco veces.  
Lembrade que estará aberta os luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00. 
Logo contounos un fermoso conto e despois de merendar e xogar no parque da praza de Mina, fomos á praza de abastos, onde todos os praceiros nos recibiron moi ben e nos explicaron as cousas que venden. Tamén nos fixeron algún agasallo, chocolates e pinturas. Moitas grazas!!!


miércoles, 12 de octubre de 2016

RECUNCHOS.

Este curso cambiamos un pouquiño a metodoloxía de xogo-traballo na aula, establecemos 8 recunhos, polos que os cativos pasarán en parellas ao longo da semana, a mesma parella que teñen para as responsabilidades de aula (teléfono e porta, perchas e botas, rutinas, biblioteca, merendas e puzzles). Cada semana irán cun compañeiro distinto, para fomentar que se coñezan, que aprendan a colaborar e traballar xuntos, a axudarse... 
Ata o de agora van a todos os recunchos en parellas e a outro van tres, posto que de momento somos impares, esperamos que a compañeira veña prontiño.
Os recunchos son os seguintes:

- Sensacións, relaxación, experimentos. Onde se poderán relaxar e concentrarse con mandalas, coa botella da calma, manexando e manipulando materiais naturais e non naturais, farán actividades tipo montessori, que favorecen a autonomía, a concentración, a orde... así como experimentos variados. 

- Grafismos, xogamos coas letras. Experimentarán distintos grafismos en distintas texturas, na pizarra e farán xogos de conciencia fonolóxica, vocabulario, invención de historias, letras con distintos formatos, formación de palabras...

- Manipulamos as mates. puzzles e xogos que traballan distintas nocións matemáticas: figuras xeométricas, simetrías, conteo, nocións espaciais, seriacións

-Navegantes. Xogos no ordenador e tablet.

- Artistas. Debuxos e actividades que promovan a creatividade, coñecemento de algúns pintores e artistas...

- Proxecto. Onde traballaremos os bechos, características, alimentación, beneficios, inconvintes, clasificación...

- Construccións. Onde manexarán diferentes tipos de materiais de construcción.

- Disfraces, cocinita. No que farán xogo simbólico.

Estes dous últimos recunchos son máis de xogo libre, aínda que as veces poida haber propostas. Nos outros haberá propostas de actividades e ao rematalas poderán xogar nese recuncho co que queiran.

Moitas das propostas dos recunchos traballaranse previamente en gran grupo, sobre todo o relacionado co proxecto, cos experimentos, xogos matemáticos... e por suposto os xogos de movemento.
Pouco a pouco irémosvos contando máis cousiñas.
Tamén vos invitamos a facer propostas para os recunchos especialmente para os experimentos e o proxecto.  Moitas grazas.