martes, 28 de febrero de 2017

Semana de entroido. Entroido 2017

Ahí vai a segunda parte do entroido,  seguimos as propostas de Iris, a mascota da biblioteca, para disfrazarnos durante a semana, e a verdade, é, que o pasamos moi ben.




Tamén vos deixo o video da canción que incluín nesta entrada, porque penso que aos vosos superheroes e heroínas gustaralles.

lunes, 27 de febrero de 2017

Entroido 2017. As familias axúdannos a facer os disfraces.

Este entroido deu para moito, aquí tedes a primeira parte, a participación das nais e pais, e tamén avó, o avó de Nuria, na elaboración dos disfraces, foron dúas xornadas estupendas, agradecervos a todos que viñerades e que fixerades as ás das bolboretas cos vosos nenos e nenas, quedaron preciosas, pero aínda que o resultado non fose tan vistoso, o importante era compartir estas tardes cos vosos fillos/as nun traballo escolar, que á vez, permítenos coñecernos un pouquiño máis e por tanto, achegarnos e axudarnos mutuamente. Grazas a todos!!!



domingo, 26 de febrero de 2017

Recuncho de experiencias: soplos, motricidade fina...

No recuncho de experiencias os nenos/as puideron comprobar que é máis doado soplar algo que pesa pouco que algo que pesa moito, e que hai que manter unha determinada forza de soplo para manter a pelota no aire, nen moito, nen pouco.
Tamén estiveron insertando macarróns e hama beads (abalorios de plástico de cores), nun pincho moruno, en espaguetis ou en cintas plásticas, unha actividade sinxela que podedes facer na casa e que favorece a concentración e a motricidade fina, requisitos previos para a lectoescritura.
Alba Pérez e Ainhoa fixeron unha mandala moi creativa, só hai que deixarlle materiais e, voulá, sorpréndenos!!!







jueves, 9 de febrero de 2017

La la land coa profe Rebe.


O video de hoxe está fresquiño fresquiño, é da clase de música desta mesma mañá, a parte final, que é cando cheguei eu. Encantoume, e por eso o grabei e o comparto con vós; co permiso da profe.
Para que vexades que ben o pasan e que marabilla poder contar con profesionais como a profe Rebe, que transmite tan tan ben o seu amor pola música. 
Tamén para que sexamos conscientes da importancia da música no desenvolmento dos nenos e nenas,coa que se traballan múltiples aspectos (movementos, bailes, ritmos....) a sensibilidade musical e sempre co aspecto lúdico e de diversión, como non lles vai a encantar!!!
E a profe Rebe, que está a última, sorprendeunos hoxe con este orixinal baile de percusión , coa canción "Another day of sun" que forma parte da banda sonora da película La la land. 
Pois iso , que coa profe Rebeca, "Outro día de sol". Gracias profe!!!



sábado, 4 de febrero de 2017

Semana da Paz.


A semana anterior ao día da Paz (31 de xaneiro), estivemos falando do significado da palabra Paz, como podemos facer Paz entre nós: falando, respetándonos, axudándonos, compartindo, sendo amables... e tamén reflexionamos un pouquiño sobre outras realidades ben diferentes ás nosas, os países en guerra, os refuxiados, o dereito de todo ser humano a ter unha vivenda e un lugar seguro onde vivir... para isto, estivemos mirando o vídeo coa canción de Missy Higgins- Oh Canada, onde reflexa esta triste realidade, no video inclúense debuxos de nenos e nenas de países en guerra, de cómo viven esa realidade, e tamén debuxos dos seus desexos... Aquí volo deixo para que o miredes.





Fixemos unha mandala colaborativa, intentando estar en silencio e desexando un mundo en Paz, sen violencia. Xa o día 31 cos compañeiros de Amorín, tivemos unha mañá moi intensa, na que xogamos, cociñamos, festexamos o cumple da profe Sara, pintamos mandalas, voltamos a mirar o video da canción "Oh Canada" e a falar un pouquiño do que acontecía nel e por último fixemos unha mandala colaborativa desexando un mundo en Paz.










jueves, 2 de febrero de 2017

Caracois mandalas.

Aos venres intentamos facer actividades creativas, en xaneiro retomamos unha actividade que iniciaramos cos compis de Amorín e Taborda nunha das xuntanzas, un caracol coa cuncha de mandala ou unha mandala con corpo de caracol, según como se vexa.
 A verdade é que o fixeron moi ben, incluso os máis pequenos, manténdose concentrados durante a actividade, elexindo os materiais que querían utilizar e na orde na que os querían por, e requerindo bastante coordinación óculo-manual, posto que había materiais pequenos como grans de millo. E así quedaron, aínda que o importante é o proceso e non o resultado, pero neste caso, o resultado foi moi bonito tamén.