jueves, 6 de julio de 2017

Manipulando as mates II

Xa estamos de vacacións e toca disfrutalas, pero como andiven bastante liada durante o curso hai cousiñas que non me deu tempo a compartir e agora que sí teño tempo ;ahí vai, unha mostra do traballo matemático que fixemos ao longo de todo o curso.

lunes, 26 de junio de 2017

Triplecumpleanos: Nuria, Amparo e Alba.

Estas últimas semanas no cole foron intensas, recollida de traballos, facer as portadas, ensaiar a obra de teatro para as familias... e o mércores 21 de xuño empezamos cos festexos. Celebramos o cumple de Nuria e Amparo, que cumpliron 5 anos e o de Alba Pérez que cumplirá 6 o 6 de agosto. Moitísimas Felicidades as tres. Viñeron as súas familias que trouxeron unha supermerenda  e pasámolo xenial.






























jueves, 22 de junio de 2017

Videos despedida.

Xa chegou outro fin de curso, desta volta tócanos despedirnos de Samuel e Alba que rematan a etapa de Educación Infantil e de Éire que fará o último curso de Infantil noutro centro escolar. O meu pequeno agasallo para eles é a través dun video lembrarlle aos compañeiros e mestres que formaron parte do seu paso polo cole, dos diferentes momentos vividos, os cumpleanos, as visitas das familias, as excursións, os traballos do cole... e sobre todo para mostrarlles que os queremos e que sempre serán unha parte das nosas vidas.
Como Samuel e a sua familia non puideron estar, deime presa para subilo ao blog para que o poidan ver. Espero que lles guste. Unha aperta forte Sami!!!