miércoles, 25 de noviembre de 2015

Magosto 2015

Primeira festa de todo o Cra xunto, tardamos, pero mereceu a pena. Pasámolo en grande, darlle as grazas ao equipo de extraescolares pola organización, aos mestres especialistas e de apoio que dirixiron os xogos e por suposto á Anpa, por asar as castañas e invitarnos a merendar, estaban boísimas.
Comezamos con baile e cancións conxuntas de todo o Cra, despois rotamos polos diferentes xogos compartindo a xornada cos nenos/as do cole de Aurora, merendamos e despois xogo libre, paracaídas e maquillaxe.

sábado, 21 de noviembre de 2015

Taller matemático. Inicio e progresión no ABN.

O pasado curso iniciámonos no método matemático ABN (Aberto basado en números), baseado principalmente na manipulación e traballando aspectos numéricos ata o de agora pouco tratados en infantil como as decenas, os pares e impares, os dobles... Aquí están os nosos primeiros pasos este curso, para os máis pequenos: equivalencias, parellas lóxicas, unir metades de figuras, cadros de doble entrada... e para os demais recta numérica ata o 10 con distintos patróns, cadro numérico (do 1 ao 100), representar números con palillos, con obxectos, con pinzas... descomposición de números, sumas ata o 10... Todo traballado con xogos manipulativos, de maneira lúdica e respetando os ritmos individuais.


miércoles, 18 de noviembre de 2015

Bizcocho de calabaza.

Segunda sesión del taller de cocina, aprovechando el otoño un riquísimo bizcocho de calabaza de la mano de Mirta, si tenéis oportunidad, hacedlo, muy bueno. Como os decía en la primera entrada del taller de cocina, toda una experiencia manipulativa y de estimulación de los sentidos: olores, que pena que en el vídeo no podáis percibir el olor del aula, sabores, texturas... Además de trabajar mates, cantidades, formas, colores, propiedades... la escucha, la espera, el trabajo colaborativo, entre todos, hacemos la receta, lectoescritura, los mayores escriben la receta, primero en grupo y luego individualmente... 


domingo, 8 de noviembre de 2015

Arte. Outono. Natureza.

Aquí quedan as intervencións artísticas que fixemos referentes ao outono e ao samaín.
Un cadro usando as cores típicas do outono, materiais: pinceis e témperas. Vidreira de outono, na que observamos, tocamos, ulimos e clasificamos follas por cores, materiais: follas e papel de forro. E cabazas terroríficas de samaín, na que estamparon, recortaron e montaron a cabaza.

lunes, 2 de noviembre de 2015

Taller de cociña. Bica de Laza.

Este curso aproveitando que temos a Mirta, que ten como gran afición a repostería, a podedes seguir no seu blog "dulce sentimiento", http://dulcesentimiento.com ,cada 15 días aos mércores faremos taller de cociña, por todo o que a cociña implica, educación dos sentidos (vista, olfato, tacto, gusto...), manexo de cantidades, de alimentos, habilidades manipulativas, pasos a seguir para elaborar unha receita e un grande etcétera.
Pois ben, comezamos coa bica de Laza, postre típico galego, aquí tedes o enlace do blog de Mirta que explica con detalle como facela http://dulcesentimiento.com/receta-de-bica-de-laza
Darlle as grazas a Mirta pola súa implicación neste taller. E animarvos ás familias a vir ao cole, a cociñar con nós, non teñen por que ser postres, pode ser calquer outra receita, na que podemos usar alimentos propios da época do ano na que estamos, promovendo unha alimentación sana e variada; ademáis do compoñente afectivo que supón para ós nenos que as súas familias participen nas actividades do cole. O dito, avisádenos e vide a cociñar!!! Na semana que non cociñamos, o mércores adicámolo a taller de mates, con xogos manipulativos, grupais, individuais... xa volo ensinaremos en vindeiras entradas.