lunes, 18 de julio de 2016

Despedida maiores. O noso paso polo cole de infantil 2013-2016

Tarde pero chegou, o vídeo máis emotivo de todo o curso, no que despedimos aos maiores, tardei porque para subilo tiven que cambiar algunhas músicas e estiven disfrutando estes días tan calurosos.
Neste vídeo despedimos a sete marabillosos nenos e nenas que cando entraron revolucionaron Carregal, co seu entusiasmo, enerxía, coas súas charlas... sete nenos que se converteron nun gran grupo, cariñosos, amables, participativos, con moitas ganas de aprender e que cada un aportou o seu mellor para compartir co resto do grupo, e cos mestres, segundo o meu punto de vista, aprendemos e disfrutamos moito uns cos outros. 
Darvos as grazas as familias por este tempo compartido, por entender o noso modo de aprender, de divertirnos e por colaborar sempre que volo pedimos. Moitas grazas.
Non me enrollo máis, foi un verdadeiro pracer compartir estes anos cos vosos fillos e fillas, espero seguir en contacto con vós e saber deles. Biquiños e agora sí, Moi Felices Vacacións.

jueves, 7 de julio de 2016

Proxecto Os Gatos.

Non quería deixar de mostrarvos o proxecto no que estivemos traballando ao longo de todo o curso, un pouquiño tarde, pero chegou, os gatos.
 Dous videos, o primeiro mostra o inicio e desenrolo de todo o proxecto e no segundo comprobamos o que aprendemos, non sólo eles, eu tamén. Como poderedes comprobar co proxecto, traballamos prácticamente todas as competencias: lingüística (vocabulario, expoñemos as ideas previas, falamos das nosas experiencias, poesías, cancións...), artística (coñecemos distintos autores, debuxamos, traballamos distintas técnicas plásticas, intepretamos o poema...) matemática (número de patas, de dedos, cantas crías teñen, series...), de aprender a aprender (buscamos e cotexamos información ), competencia na interacción e coñecemento do mundo físico (clasificación do gato; animal doméstico, felino, carnívoro, mamífero...), competencia social e cidadá (coidados e responsabilidades ao ter unha mascota)...





martes, 5 de julio de 2016

Cumpleanos Amparo e Alba Pérez.

A última semana de cole festexamos o cumple de Amparo, que cumpliu 4 anos o 24 de xuño,  e de Alba Pérez que estará de cumple no verán, 5 anos. Viñeron as súas mamás e tomamos unha rica merenda. Moitísimas Felicidades as dúas.