lunes, 25 de diciembre de 2017

Platos con agasallos. Felicitación Nadal 2017.

A última entrada deste ano é a Felicitación Navideña. 
Os nenos/as estiveron facendo un platiño de barro blanco utilizando a técnica da impresión, con selos e con tapetes de ganchillo. Unha vez preparados, propúxenlles que nese platiño tiñan que facerlle un agasallo aos seus papás, pero un agasallo que non custase diñeiro e saíron cousas marabillosas. 
A idea é que teñades ese platiño na vosa casa e que cando vos apeteza deixedes un anaquiño de papel co nome ou debuxo do que queredes agasallar ese día e por suposto que fagades realidade ese agasallo para todos os que estades na casa (papá, mamá, nenos, avós, primos...) que vos parece? 



Quero lembrarvos  tamén as mensaxes das felicitacións dos cursos pasados, mirade como medraron os nosos maiores de cinco, que rápido pasa o tempo, e dende aquí un cariño e un abrazo moi especial para os compis que xa están en primaria e para as súas familias. Boas Festas para todos!!!
Mirade os videos cando teñades 15 minutiños  de calma.


FELICITACIÓN 2015


FELICITACIÓN 2016


domingo, 24 de diciembre de 2017

Conectando.

Unha pequena mostra das sesións de ioga que facemos aos mércores. Ioga para coñecer o noso corpo, para manter e aumentar a sua flexibilidade, para estar sans, para respirar conscientemente, para mellorar a autoestima, para divertirse, moverse, para relaxarse,  para conectar con nós mesmos e cos compañeiros...

sábado, 23 de diciembre de 2017

Xogamos, manipulamos, aprendemos.

Ahí vai un mix con diferentes actividades que estivemos facendo este primeiro trimestre, moitas en relación coa competencia matemática pero tamén doutros ámbitos: coordinación óculo-manual, lectoescritura, expresión artística... co eixo común de aprender xogando e manipulando, facendo.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Crearte 2017. Alexander Calder

Compartirmos a primeira xornada de Crearte deste curso cos compis de Seixo 1. Despois de presentarnos e facer algúns xogos empezamos a traballar a Alexander Calder que aínda que é máis coñecido polos seus móbiles e polo seu famoso circo, tamén pintou. Observamos varios cadros del e decidimos facer distintos elementos que aparecen nos cadros de Calder, utilizamos volumen, pintado, rasgado... cun resultado realmente vistoso; aínda que o mellor da xornada foi o bo ambiente entre os nenos/as que estiveron traballando en catro equipos con compis da outra aula e por suposto os xogos no patio que tanto disfrutaron.


jueves, 14 de diciembre de 2017

Arte Floral.

A miña marabillosa cuñada, Olga, que é unha artista facendo centros florais propúxome facer algo creativo con elementos da natureza cos nenos e nenas e pensou en facer unha pequena coroniña, e así o fixo. Carrascos, piñas, landras, noces... cun resultado moi bonito. 
Leyre estaba encantada coa visita da sua prima, Olgita, como ela lle chama. 
Darlle as grazas por dedicarnos unha mañá e ensinarnos que con elementos naturais podemos ser moi creativos. Moitas grazas.

martes, 5 de diciembre de 2017

Cumple Gabriel.

O pasado martes 28 de novembro Gabriel cumpliu 5 anos. Moitísimas felicidades!!!!
  Xa temos a todos os maiores con 5.
Quixo que os seus compañeiros lle debuxasen flores e así o fixeron, elexiu un dos debuxos que logo pintaron entre varios no cadro.
Viu a súa mamá e o seu irmanciño a festexalo á aula. Ana trouxo unha riquísima tarta de galletas e distintas fotos de Gabriel que logo nos ensinou e explicou.


























sábado, 2 de diciembre de 2017

Tashi Delek.

Cada mañá na asamblea saudámonos de distintos xeitos, cantando a canción de "Bos días", "Ola, Ola"... pero unha das formas máis especiais que temos de saudarnos e usando "Tashi Delek", parecido ao coñecido "Namasté", pero na cultura tibetana é o primeiro o que se usa.
Facemos unha reverencia coas mans unidas cara ao noso compañeiro/a en sinal de respecto e de desexarlle todo o mellor, á vez que nos abrazamos ofrecendo tamén o mellor de nós , ao tempo que escoitamos un adi-mantra chamado "Ong Namo Guru Dev Namo", que sintoniza a enerxía personal coa enerxía universal, buscando a sabiduría.
Aos nenos/as só lle explico a primeira parte,  un saudo que implica aceptar e valorar ao compañeiro á vez que somos aceptamos e todos ofrecemos o mellor de nós mesmos.
Quero darlle as grazas a miña antiga profe de ioga, Sonia Kamilatti, por introducirme no mundo do ioga, por aportarme tantas cousas e que penso que aos cativos tamén llas vai aportar dende o miña humilde aportación. Grazas.