lunes, 29 de febrero de 2016

Momentos de Felicidade.

Pois iso, momentos de felicidade que non teñen precio.

A felicidade dentro dunha caixa.




Logros personais.



Quen dixo estereotipos?




Cadrado. Que pode ser?

Seguimos coas figuras xeométricas. Nesta ocasión o cadrado. Resultounos máis díficil atopar cousas cadradas que circulares, e outras pareciannos cadradas pero non o eran, tiñan outra forma, que traballaremos máis adiante. Pasamos do concreto e real á manipulación, representación manipulativa e por último plano abstracto, representación en papel.

viernes, 12 de febrero de 2016

Entroido 2016. Gatos, cans e leóns.

O venres festexamos o Entroido na aula de Amorín, cos compis de Taborda e Amorín. Estivemos facendo os disfraces que os nenos/as elexiran previamente con respecto ao tema traballado este curso. Elexiron ser gatos, cans e leóns. Pensamos que ía ser máis doado pero facer os complementos do disfraz levounos toda a mañá, polo que pedimos axuda a algunhas familias que nos viñeron a axudar para poder máis ou menos rematar. Darlle novamente as grazas.
Os nenos/as estiveron recortando por turnos e  xogando, co cal pasaron unha mañá de moito xogo e interacción entre eles, que ao fin é a cabo, é do que se trataba, de pasalo ben. 
Disfrutamos unha estupenda merenda aportada polas familias das tres aulas, moitas grazas. Aquí queda un resumo da xornada e do guapísimos que estaban os nosos gatos, cans e leóns.


miércoles, 10 de febrero de 2016

SEMANA DE ENTROIDO.

Como sabedes a semana pasada estivemos festexando o entroido coas propostas de disfrazarnos ou adornarnos cada día dunha maneira distinta. Aos nenos/as encántalles e sacámoslle moito proveito na aula, sobre todo respecto á parte de diversión e alegría pero tamén para fusionarnos máis como grupo, para mellorar a nosa autoestima, botámonos piropos do guapísimos que estabamos, traballar vocabulario, meternos no papel da personaxe que representabamos... Aquí queda unha mostra do que disfrutamos.

martes, 9 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ. DEREITOS DOS ANIMAIS.

A semana da Paz estivemos traballando na aula de xeito oral os dereitos dos animais, miramos varios vídeos e reflexionamos sobre eles.  Todos tiñan clarísimo que os animais que temos na casa temos que coidalos, darlle de comer, beber, darlles cariño, xogar con eles, telos limpos, que teñan oportunidade de moverse e de crecer en boas condicións, sacalos a pasear, se se poñen maliños, curalos, levalos ao veterinario, e por suposto non pegarlles, nin facerlles dano, nin telos sempre encerrados... Tamén que eles nos alegran a vida e nos proporcionan moitas cousas. 
O venres 29 de xaneiro festexamos en Amorín xunto cos compis de Taborda e Amorín, o día da paz, empezamos cuns contos e posteriormente unha sesión de ioga, que finalizamos coa elaboración en común de dúas mandalas, mentres noutro taller disfrutamos da compaña de dúas tartarugas, voltamos a falar dos dereitos dos animais e preparamos a merenda, tartaruga de froitas.
Despois do patio, voltamos a ver un vídeo referente ao maltrato animal e que vos deixamos porque a todos nos emocionou moito.





jueves, 4 de febrero de 2016

CÍRCULOS. QUE PODE SER?

Como sabedes un dos conceptos a traballar na Educación Infantil son as figuras xeométricas, ou formas dos obxectos. Empezamos buscando ese tipo de forma nas situacións cotiás da nosa vida, nos obxectos da aula, no noso corpo... é dicir, partimos do real, para posteriormente representalo e pasalo a un plano abstracto.
Empezamos traballando o círculo e como consecuencia á esfera, buscando esas formas no noso corpo, na aula e nas cousas que coñecemos, así como diferentes atributos como tamaño, peso...
Para despois pasar a facer o trazo en distintas superficies e practicar habilidades motrices finas, como picado, recortado... e os maiores (4 e 5 anos) crearon unhas estupendas obras artísticas partindo duns círculos de cartón e pensando que poderían ser, actividade que fixeron o curso pasado os nenos/as de Forcadela e que me encantou, gracias profe Tere pola inspiración.