jueves, 28 de noviembre de 2013

XOGOS NO PATIO.

Hai días en que no momento do recreo ou patio, algúns nenos pelexan, outros non queren xogar ou non se integran nos xogos dos demais... sen embargo outros días transcorren con tranquilidade e todos os nenos xogan , se divirten e  temos a posibilidade de pararnos a  contemplar as moitas posibilidades de aprendizaxe que lles ofrece o xogo libre, sen intervención adulta, aos nosos nenos/as... por iso quero compartir con vos un deses días... neste pequeno video podemos observar cousas coma respectar as quendas, habilidades motoras, saltos, equilibrios, socialización, xogo grupal, conciencia dos perigos, colaboración...

miércoles, 20 de noviembre de 2013

EXCURSIÓN DINOSAURIOS.

O PASADO MÉRCORES FOMOS AO IFEVI, A VISITAR UNHA INTERESANTE EXPOSICIÓN DE DINOSAURIOS, GUSTOUNOS MOITO, AÍNDA QUE AO PRINCIPIO ALGÚNS NENOS TIÑAN UN POUQUIÑO DE MEDO, XA VEREDES POR QUE NO VIDEO, ERAN MOI GRANDES E CUNS SONS MOI REAIS; APRENDEMOS MOITO GRAZAS A NOSA GUÍA, LETI, QUE LLES MOSTROU AOS NENOS COMO EVOLUCIONARON ESTAS CRIATURAS, AS PRINCIPAIS DIFERENZAS ENTRE OS HERVÍBOROS E OS CARNÍVOROS E OS SEUS MODOS DE PROTEXERSE.

sábado, 16 de noviembre de 2013

O NOSO SAMAÍN. EN BUSCA DO TESOURO PIRATA.

AÍNDA QUE XA PASARON DUAS SEMANAS AQUÍ VOS DEIXAMOS COMO VIVIMOS ESTE ANO O SAMAÍN, COMPARTIMOS O DÍA COS COMPIS DE TABORDA E AMORÍN E VIVIMOS UNHA FERMOSA AVENTURA, EN BUSCA DUN TESOURO PIRATA. PASÁMOLO MOI BEN, AS NOSAS PAISAXES SEMPRE NOS AXUDAN A SER FELICES.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

CUMPLEANOS JULIA

SÍ, SÍ, JULIA XA TEN CATRO ANOS E CELEBRÁMOLO CON UN ESTUPENDO E RIQUÍSIMO BISCOITO, PERO SOBRE TODO CON  MOITAS MOSTRAS DE AGARIMO E MOITOS SORRISOS. MOITÍSIMAS FELICIDADES GUAPÍSIMA!!!!!
















sábado, 2 de noviembre de 2013

A XOGAR!!!

DEIXAMOS A DEREITA DO BLOGUE,  (JUEGOS ORDENADOR)  NOVOS ENLACES A XOGOS EDUCATIVOS, ENTRETIDOS E INTERESANTES.

LETRAS DE COLORES: Este xogo está pensado para a pantalla dixital polo que non podemos facer a parte de trazos,pero sí podemos xogar coas  partes de discriminación visual e auditiva, palabras e construcción de frases.Ten distintos niveis adaptandose a 3,4 ou 5 anos

XOGOS JCLIC. Moitísimos xogos en formato JCLIC, tanto para infantil coma para o primeiro ciclo de primaria, que nos lembramos dos nosos compis de anos anteriores, un biquiño para eles. Como diciamos xogos de todo tipo que ademais son autocorrectivos, moi interesantes.

PEQUETIC, PLANETA ANIMADO. Con xogos variados, que nos axudan a coñecer e coidar o noso planeta.


Esperamos que vos gusten , a xogar!!!!!