lunes, 26 de junio de 2017

Triplecumpleanos: Nuria, Amparo e Alba.

Estas últimas semanas no cole foron intensas, recollida de traballos, facer as portadas, ensaiar a obra de teatro para as familias... e o mércores 21 de xuño empezamos cos festexos. Celebramos o cumple de Nuria e Amparo, que cumpliron 5 anos e o de Alba Pérez que cumplirá 6 o 6 de agosto. Moitísimas Felicidades as tres. Viñeron as súas familias que trouxeron unha supermerenda  e pasámolo xenial.






























jueves, 22 de junio de 2017

Videos despedida.

Xa chegou outro fin de curso, desta volta tócanos despedirnos de Samuel e Alba que rematan a etapa de Educación Infantil e de Éire que fará o último curso de Infantil noutro centro escolar. O meu pequeno agasallo para eles é a través dun video lembrarlle aos compañeiros e mestres que formaron parte do seu paso polo cole, dos diferentes momentos vividos, os cumpleanos, as visitas das familias, as excursións, os traballos do cole... e sobre todo para mostrarlles que os queremos e que sempre serán unha parte das nosas vidas.
Como Samuel e a sua familia non puideron estar, deime presa para subilo ao blog para que o poidan ver. Espero que lles guste. Unha aperta forte Sami!!!






jueves, 8 de junio de 2017

Ioga na aula.


Unha pequeniña mostra de asanas que facemos na aula. Como poderedes comprobar os nenos/as son moi flexibles, a practica de ioga axudarelles a manter esa flexibilidade e a mellorala así como tamén a ter unha maior conciencia e dominio corporal, a relaxarse, coñecerse mellor e un largo etcétera. Anímadevos a practicar con eles, poden ensinarvos moitas asanas (posturas de ioga).




domingo, 4 de junio de 2017

Excursión Pontevedra. Exposición Tonucci.Frato.

En maio o concello ofertounos a posibilidade de ir a Pontevedra a disfrutar da exposición de Tonucci, Frato, como a el lle gusta que lle chamen, como as plazas eran limitadas os nenos/as de 3 anos non puideron acompañarnos.
Frato defende a infancia por riba de todo, o dereito a ser nenos/as, a disfrutar da infancia, a descubrir e sobre todo a xogar. E o iso foi o que puideron facer nesta exposición, explorar e xogar.
Foi moi divertida para eles e para nós, os profes.