domingo, 28 de octubre de 2018

Amar o mar.

Un resumo do traballado do proxecto deste curso "Amar o mar" ata o de agora. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración traendo cousiñas relacionadas co mesmo: libros, peixes, cunchas, disfraz, redes...

domingo, 21 de octubre de 2018

Banco do patio.


Levounos tempo pero por fin terminamos o banco para o patio. Disfrutaron moito pintándoo e agora xogando nel, todo un éxito.
Quero darlle as grazas de novo a Carlos ,o avó de Nuria ,por facelo, aos pais de Matteo por traernos os pallets e a todas as familias que colaboráchedes, tamén a profe Nuria de Taborda que nos deixou a pintura para darlle a segunda man.





















domingo, 7 de octubre de 2018

Cumple Merchi.

O outro cumple que festexamos en setembro foi o meu. Fixemos pizza, que lles encantou, xa se vai convertir nunha tradición e soplei as velas no biscoito. Dixéronme, con razón, que tiña que dar as voltas ao sol, este ano non ía preparada, pero para o vindeiro, darei as voltas, acabarei un chisco mareada, ja, ja.   Pasámolo moi ben e recibín moitos mimiños, así que eu, encantada.
Facendo a pizza e nos obradoiros de cociña en xeral, os cativos practican moitas habilidades: amasar, mixturar, picar, medir, pesar... que lles axudan coa motricidade fina e conceptos matemáticos, ademáis de coñecer, palpar, ulir, probar... diferentes alimentos. Tamén falamos da procedencia dos alimentos : de orixen vexetal, animal... E son actividades cotiás, de vida, cunha finalidade clara, que neste caso é merendar. Ademáis despois toca recoller, limpar, lavar, secar. Polo que son actividades moi completas. Anímovos a que na casa cociñedes con eles de cando en vez.

Cumple Leyre.

En setembro festexamos o cumple de Leyre que estivo de cumple a finais de agosto. Cumpliu 5 anos xa. Acompañounos para festexalo, Pili, a súa nai e Noa, a súa irmá. 
Ademáis da tarta e os tiróns de orellas, festexámolo ao estilo Montessori, dando as voltas ao sol, unha por ano cumplido e mirando as fotos de Leyre dende que naceu ata agora, puidendo comprobar os cambios, como medrou ,o que serve para que os nen@s se vaian dando conta do paso do tempo. 
Os seus compis fixéronlle debuxos cos seus gustos e o que ela elexiu fixérono nun cadro.






















                   Xogando coa cámara.

lunes, 1 de octubre de 2018

Zarpamos. Primeiras semanas da viaxe. Curso 18-19

Tardamos pero por fin estreamos o blogue este curso; cunha entrada na que se mostran algunhas das cousiñas que fixemos estas primeiras semanas. Nas vindeiras entradas contarémosvos outras como a celebración dos aniversarios de Leyre e o meu, ou como vai indo o proxecto do mar.