jueves, 27 de abril de 2017

Xogos no patio.

Encántanos pasar tempo no patio e aínda que a maioría das veces, no patio xogan libremente, outras propoñemos xogos, aquí vos deixo unha mostra. Buscamos ovos de chocolate e xogamos a pescar, un xogo de habilidade que non resultou tan doado como supuñan.




martes, 25 de abril de 2017

Cumple de Alejandra.

A semana pasada festexamos o cumple de Alejandra, 5 anos xa, viu Miguel, o seu papá para festexalo con nós.
 Moitísimas Felicidades guapísima!!!

















domingo, 23 de abril de 2017

Día do libro

Hoxe é o día do libro, e tamén o cumple de Alba Álvarez, felicidades para ela. Como sabedes durante este mes e parte do mes de maio estades convidados a vir ao cole a contarnos contos, a primeira valente foi Sonia, anímadevos a vir, son momentos que os nenos/as agradecen e non esquecen. A leer moito!!!!







sábado, 22 de abril de 2017

Degús ou esquíos chilenos.

Aquí estamos de novo, intentando actualizar o blogue, pero teño tantas cousas para contarvos que non dou feito, necesitaría un axudante,ja, ja.
Nesta ocasión ensínovos a visita que nos fixo Alberto o papá de Alba Pérez para ensinarnos as súas mascotas, dous degús ou esquíos chilenos, contounos moitas cousas sobre eles, os seus coidados e alimentación e o que quixo ,puido tocalos un pouquiño. Gracias Alberto outra vez pola túa colaboración.
Aprendemos moito.


jueves, 13 de abril de 2017

lunes, 10 de abril de 2017

Creatividade. Arte. Exploramos distintas posibilidades.

Durante o segundo trimestre realizamos bastantes traballos en prol de explorar e  desenrolar a creatividade usando diferentes técnicas e materiais plásticos, por suposto, as cousas máis creativas son os debuxos libres que fan por sí mesmos, con outros materiais fixeron todos o mesmo, como unha iniciación no material. 
Con todas estas creacións traballaron a motricidade fina, o uso do color, a iniciación no volume, a paciencia, a creatividade...










Cumple profe Begoña.

Durante o mes de marzo tamén festexamos o cumple da profe Begoña. Os nenos e nenas fixéronlle debuxos e ela ensinounos a facer unha tarta de sobaos e fresas, riquísima. Moitísimas Felicidades profe Bego e moitas grazas por toda a tua axuda e cariño para os peques de Carregal, estamos encantadísimos.


























domingo, 2 de abril de 2017

Cumple de Samuel

Seguimos celebrando, esta vez el lunes 20 de marzo celebramos el cumple de Samuel, que estuvo el día 19. Vino Sara, su mamá ,a enseñarnos a preparar una riquísima tarta, contamos también con la ayuda de Paula. Días antes estuvieron haciendo dibujos para Samuel y le preparamos su caja especial como recuerdo de su sexto cumpleaños. Muchas Felicidades!!!!