viernes, 27 de mayo de 2016

Xogos motores. Pasámolo pipa

Unha parte moi importante do traballo na Educación Infantil é o movemento, o control do corpo, nestas idades o movemento  e a psicomotricidade serve tanto para que o neno mellore nas aprendizaxes como para que evolucione a súa personalidade, axuda ao neno a ser máis autónomo, equilibrado e feliz.
O Dr. Le Boulch, na "Educación por el movimiento" demostra como o dominio corporal é o primeiro elemento de dominio do comportamento. O neno a través das conductas motrices e perceptivas adquire as destrezas necesarias para conseguir aprendizaxes:

1. A través das conductas motrices
a. Organización do esquema corporal: percepción e control do corpo, relaxación, equilibrio, respiración, etc
b. Organización dinámica xeneral: saltos, marchas, etc
c. Coordinación viso-manual.

2. A través das conductas perceptivas motrices.
a. Organización espacial do esquema corporal e a súa orientación, representación e expresión gráfica.
b. Ritmo e actividade motriz.
c. Organización e estructuración do tempo.
d. A percepción polos sentidos: color e son.

Pois para axudar nestas adquisición e sobre todo para divertirnos facemos xogos na aula, que tamén podedes por en práctica na casa, aquí deixamos unha mostra.



Darlle as grazas a Anpa por mercarnos esas rás e outro material que utilizamos para xogar e aprender.

lunes, 23 de mayo de 2016

Que pode ser?

Esta vez traballamos o óvalo, os pequenos picando esta forma e decorándoa e os maiores transformándoa xenialmente.



















jueves, 19 de mayo de 2016

Mensaxe para Samuel

A finais de abril despedimos a Samuel que tivo que marchar para Italia, a súa outra casa, démoslles moitas apertas e desexamos voltar a velo pronto. Fixemos un pequeniño video para que sepa que nos lembramos del. Moitos bicos.




















martes, 17 de mayo de 2016

Excursión ao teatro en tren.

Ahí vai a reportaxe da excursión en tren ao teatro, onde disfrutamos do teatro-musical da compañía Mamá Cabra que festexaba o seu quinceavo aniversario.

sábado, 14 de mayo de 2016

Visitas especiais. Os canciños de Alba.A e Alba. P

Como parte do proxecto dos animais xa tivemos a visita das tartarugas do avó de Nuria, fomos a coñecer o can de Mateo Mattina, algúns nenos maiores trouxeron as fotos das súas mascotas e tamén viñeron a aula os canciños das Albas. Visitas moi especiais e que os nenos e nenas disfrutan moito. Tivemos a visita da gatiña de Nandi, unha amiga de Samuel, pero sentídoo moito; non sei onde metín esas fotos, ohh. 
O cariñoso canciño de Alba Álvarez repartiu biquiños a moitos dos nenos e por outra banda,
Alberto o pai de Alba Pérez, explicounos moitísimas cousas de Totó, a súa yourkshire terrier, unha pequena terremoto, que nos gustou moito. 

lunes, 9 de mayo de 2016

Inventamos animais.

Como xa sabedes o proxecto deste curso céntrase nos animais. Para fomentar a creatividade, pedímoslle que inventasen un animal formado por varios. Aquí os resultados. A min sorprendéronme gratamente, son uns artistas!!!
















sábado, 7 de mayo de 2016

Cumple Alba Álvarez e Amanda.

O 23 de abril, día do libro, estiveron de cumple Alba Álvarez e Amanda, que cumpliron 4 e 6 anos respectivamente, no cole festexámolo o luns 25, coas súas familias. Aquí queda un resumo desta xornada adicada a elas con moito cariño, os seus compañeiros escribíronlle palabras bonitas e debuxaron as cousas que elas lle pediron. Viñeron a mamá de Alba e a tía e avoa de Amanda, que trouxeron uns postres riquísimos. Moitísimas Felicidades as dúas.