viernes, 29 de septiembre de 2017

Primeiras actividades. Un mundo de posibilidades.


As tres primeiras semanas do cole foron moi productivas e divertidas, pouco a pouco ireivos mostrando cousiñas que fixemos.  Afortunadamente os nenos novos integráronse fenomenal no cole, cos compis e cos mestres, así que de momento todo xenial.
 Darlle as grazas a Paula, a mestra de prácticas que nos acompañará ata ben entrado o segundo trimestre e a todos os mestres que foron pasando pola aula e axudándonos nas primeiras semanas.
Ahí vai unha mostra dalgunhas actividades, mostrando un pouquiño de cada neno e nena. Espero que vos guste.


jueves, 21 de septiembre de 2017

OBXECTIVOS E PROTAGONISTAS.

Comezar cada curso sempre é un reto cheo de nervios e emocións para o alumnado, familias e mestres. Comezamos con carteis con mensaxes que teremos presentes ao longo do curso e de toda a etapa de Infantil e que nos empuxan a superarnos e a ir crecendo día a día todos xuntos. 
Tamén con unha foto dos principais protagonistas, os nenos/as, no seu primeiro día de cole. Falta Amparo que se incorporará ao grupo nos vindeiros días.
















jueves, 7 de septiembre de 2017

COMEZAMOS

Xa estamos de volta e nada mellor para comezar que a nosa foto de familia de fin de curso. Desexando voltar a vervos a todos e todas. Moita sorte aos compis que se van, a disfrutar esta nova etapa.
Comezamos con moita ilusión e coas pilas cargadísimas.
Lembrarvos que mañá venres 8 de setembro temos a reunión de familias as 10:30 na aula e que o martes 12 comezamos as clases, xa que o luns é festivo local.
 Saúdos.