sábado, 20 de abril de 2013

CURSO PLATEGA. A EXPRESIÓN PLÁSTICA A TRAVÉS DAS TICS. TAREFAS.


FOTOMONTAXE CON GIMP. KENIA NO SEU PROPIO VIVEIRO.
Esta é unha das tarefas feitas neste curso, unha fotomontaxe co programa GIMP,  temos un debuxo, neste caso o debuxo que fixo Kenia despois da visita ao viveiro, unha foto de Kenia, de cando fomos a vendimar, e a imaxe dun xeranio. Con estes tres compoñentes montamos a imaxe final de xeito que Kenia está traballando no viveiro que ela mesma debuxou.












DESEÑO DUN LOGOTIPO CO PROGRAMA INKSCAPE
Outra das tarefas foi crear un LOGOTIPO, neste caso e dado o proxecto deste curso, fixen un logotipo relacionado coa promoción das enerxías renovables


ANIMACIÓN DUNHA IMAXE
Outra das tarefas era animar unha imaxe, así que dinlle vida ao logotipo do proxecto, este foi o resultado.



jueves, 11 de abril de 2013

ESTÁS NA AUGA.

O XOVES PASADO FIXEMOS UNHA SAÍDA A ESTÁS NA AUGA, UNS MONTES DE ESTÁS NOS QUE TRABALLARON MOITO OS VECIÑOS DE ESTÁS E A SUA COMUNIDADE DE AUGAS, ALÍ OBSERVAMOS O NACEMENTO DA AUGA, COÑECEMOS UN ANFIBIO PROPIO DA ZONA E REFORESTAMOS CON ÁRBORES DOADAS POR ALGÚNS VIVEIROS. PASÁMOLO XENIAL E DISFRUTAMOS MOITO DESTE FERMOSO ENTORNO, DARLLE AS GRAZAS A RAFA, XOAQUÍN E DEMAIS MEMBROS DA COMUNIDADE DE AUGAS QUE NOS AXUDARON ALTRUISTAMENTE NESTA ACTIVIDADE, ASÍ COMA A XOSÉ LOIS E ROSANA, QUE NOS AXUDARON A COÑECER NOMES DA ZONA, AOS MEMBROS DE PROTECCIÓN CIVIL, AOS VIVEIROS E A TODOS OS QUE COLABORARON.