miércoles, 29 de abril de 2015

AS FAMILIAS CÓNTANNOS E ENCÁNTANNOS II

2º vídeo de mamis contadoras de contos. Viviana, mami de Mateo, contounos un dos contos favoritos de Mateo, Winnie the Pooth e as suas aventuras, encantounos. E Ivana, mami de Daniela, explicounos moitas cousas sobre as vacas e un conto moi gracioso de Donald. Moitas grazas as dúas.
Nas vindeiras entradas máis. Grazas.




martes, 28 de abril de 2015

CUMPLE DE AMANDA.

O pasado xoves 23 de xuño,ademáis do día do libro, festexamos o cumple de Amanda, viu a súa tía, Vanesa, a contarnos dous contos de cando era pequena, porémolo noutra entrada e Flora, a mamá de Amanda, escapou un momentiño do traballo, para acompañala no seu 5º cumpleanos.
LLe desexamos moitísimas Felicidades.




















jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO. AS FAMILIAS, CÓNTANNOS, CÁNTANNOS E ENCÁNTANNOS.

En Abril, libros mil. Sí, sí, en Carregal os nenos/as este mes están escoitando máis contos ca nunca, ademáis con moito máis gusto do que o fan normalmente, que xa lles encanta, posto que son as súas familias ás que os están vindo a contar.
Deixo nesta entrada a colaboración dos primeiros valentes, a nai de Julia e os avós de Julia e André, que nos deleitaron con  cantigas galegas que eles cantaron na sua mocidade e que non debemos deixar que se perdan, posto que forman parte da nosa cultura, da nosa tradición e da nosa esencia como galegos. Eu vivino como un momento moi emotivo, que poidamos disfrutar dos avós, non ten precio, darlle as grazas a Marta, por convencelos para vir. E a todos/as por colaborar. Grazas.
Nas vindeiras entradas iremos mostrando ás demáis familias.

miércoles, 22 de abril de 2015

BIBLIOTECA DO CRA.

Como xa sabedes, a Anpa organizou ao longo deste mes, na biblioteca do Cra, xornadas de contacontos con nais voluntarias, os luns, mércores e xoves, ás 17:00 horas. Animádevos a ir, e lembrade que mañá, día do libro, o equipo de biblioteca do Cra, vainos contar "A vaca que puxo un ovo", levan traballado moito, estará xenial!!! Será na aula de Seixo. Vémonos alí.





martes, 21 de abril de 2015

ESTÁS NA AUGA 2015

Un novo curso fomos ao marabilloso entorno natural de Estás na auga, comprobamos cómo medraron as árbores plantadas en anos anteriores, plantamos novas árbores, xogamos no monte e disfrutamos do contacontos Anxo Moure, concienciándonos, un pouquiño máis da necesidade de coñecer, coidar e respetar a nosa contorna e o medio ambiente. 

lunes, 20 de abril de 2015

CREARTE II. EXPERIMENTAMOS. SOMOS ARTISTAS.

Pouco a pouco imos mostrándovos as diversas actividades que facemos no Cra e na nosa aula, neste caso a segunda sesión de Crearte, do segundo trimestre, que compartimos cos compañeiros de Seixo dous e Vilameán, con catro propostas de talleres que sen falalo previamente, curiosamente, todos tiñan un denominador común, a pintura, ademais de acompañar o desenrolo do taller con música, será por que consideramos que a educación artística é importante? non?  
Esperamos que vos guste.

miércoles, 8 de abril de 2015

LEANDRO LAMAS. CAMBIO CABECEIRA DO BLOGUE. MES DO LIBRO.

Estamos na primaveira e para representala encantoume a ilustración de Leandro Lamas que agora é a cabeceira do noso blogue. Leandro Lamas é un ilustrador galego. Son unhas ilustracións cheas de cor, e dende o meu punto de vista dun gran optimismo e alegría, un canto á vida, ao amor, á maternidade...
Na aula comentaremos algunhas delas, haber que opinan os nen@s.

Aproveito esta entrada para lembrarvos que estades convidados á vir a aula, a contarnos unha historia, un conto, unha cantiga, cancións tradicionais, xogos de mans... o que queirades, co obxectivo de disfrutar da literatura en xeral, de achegarnos un pouquiño máis entre nós e sobre todo de transmitirlle aos cativos o amor e o gusto pola lectura.

No seguinte link do blogue innovarte atoparedes máis información de Leandro Lamas, por se vos apetece mergullarvos un pouquiño máis no seu universo.


Ésta parece feita para Viviana, mami de Mateo. Fermosa.



domingo, 5 de abril de 2015

CESTAS DE PASCUA.

Con esta actividade ademáis de facer unha manualidade coa que se divertiron moito, traballamos a motricidade fina, separar as duas partes da pinza, pegalas... as matemáticas: pegar de cinco en cinco, contar os ovos e repartilos equitativamente entre todos... a elección, cada un elexiu as cores coas que quixo pintar, se poñerlle brillantina ou no, a paciencia , foron entre tres e catro sesións, porque houbo que esperar tras pegar as pinzas, e despois pintar por un lado, logo polo outro... A diversión, atopar os ovos de chocolate escondidos pola aula...
Polo tanto, unha actividade moi completa coa que o pasamos moi ben.