lunes, 2 de noviembre de 2015

Taller de cociña. Bica de Laza.

Este curso aproveitando que temos a Mirta, que ten como gran afición a repostería, a podedes seguir no seu blog "dulce sentimiento", http://dulcesentimiento.com ,cada 15 días aos mércores faremos taller de cociña, por todo o que a cociña implica, educación dos sentidos (vista, olfato, tacto, gusto...), manexo de cantidades, de alimentos, habilidades manipulativas, pasos a seguir para elaborar unha receita e un grande etcétera.
Pois ben, comezamos coa bica de Laza, postre típico galego, aquí tedes o enlace do blog de Mirta que explica con detalle como facela http://dulcesentimiento.com/receta-de-bica-de-laza
Darlle as grazas a Mirta pola súa implicación neste taller. E animarvos ás familias a vir ao cole, a cociñar con nós, non teñen por que ser postres, pode ser calquer outra receita, na que podemos usar alimentos propios da época do ano na que estamos, promovendo unha alimentación sana e variada; ademáis do compoñente afectivo que supón para ós nenos que as súas familias participen nas actividades do cole. O dito, avisádenos e vide a cociñar!!! Na semana que non cociñamos, o mércores adicámolo a taller de mates, con xogos manipulativos, grupais, individuais... xa volo ensinaremos en vindeiras entradas.

1 comentario:

  1. Qué bonito verlos a todos atentos!!!
    A André le encantó la magia con las claras de huevo....
    Esperamos la próxima receta.

    ResponderEliminar