domingo, 1 de marzo de 2015

OBRADOIRO DE BARRO NO MUSEO MAPAX. VILACHÁN.

Como saberedes estivemos traballando con barro, facendo uns platiños que quedaron preciosos. Necesitamos duas sesións, unha para facelos, logo houbo que cocelos, outra para pintalos e volta a cocer. Mostramos aquí a 1ª sesión dos maiores, na que poideron visitar e coñecer os pasos necesarios e utensilios para poder facer alfarería.Así coma disfrutar do museo Mapax. Todo este proceso foi posible grazas a Tere, responsable e alfareira en Mapax e a súa irmá Bea, que nos axudou moito; darlle as dúas as grazas por recibirnos tan ben e ser tan amables.
Estas sesións tamén nos serviron de xornadas de convivencia, disfrutando e coñecendo a nenos/as de outras aulas. Na seguinte entrada mostraremos a segunda parte do proceso, o pintado, pero neste caso, dos nen@s de 3 e 4 anos que tamén fixeron barro en Amorín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario