
miércoles, 31 de mayo de 2017
Cumple Ainhoa.
Máis vale tarde que nunca!!! Ahí van as fotos do cumple de Ainhoa que xa ten 4 anos. Gracias Michi por acompañarnos. Sinto a calidade das fotos, a luz na aula é fantástica pero para as fotos non axuda nada. Moitísimas Felicidades guapísima!!!!


lunes, 29 de mayo de 2017
Familias contacontos 2017. Patricia.
E o derradeiro video das familias contacontos, nesta ocasión Patricia con dous contos chulísimos e con moita mensaxe. Moitas grazas!!!
Etiquetas:
FAMILIAS. MES DO LIBRO.2017.
domingo, 28 de mayo de 2017
FAMILIAS CONTACONTOS 2017. DAVID E MÓNICA.
Segundo video de papás e mamás contacontos. Nesta ocasión David e Mónica. Moitas Grazas!!!
Etiquetas:
FAMILIAS. MES DO LIBRO.2017.
miércoles, 24 de mayo de 2017
Familias Contacontos I. Sonia e Genma.
Aquí deixo o primer video dos vosa participación como contacontos; no mes do libro . Moitísimas grazas a todos por vir, é unha experiencia moi significativa para os nenos/as e que disfrutan moito.
Nos vindeiros días subirei o resto.
Etiquetas:
FAMILIAS. MES DO LIBRO.2017.
miércoles, 17 de mayo de 2017
Construimos a nosa cidade.
Despexamos a aula, materiais de construcción a libre disposición, cumprir a norma de non destruir o que fagan os demáis e a construir!!!!
Decidiron construir unha cidade, con torre Eiffel e todo!!!
Decidiron construir unha cidade, con torre Eiffel e todo!!!
lunes, 15 de mayo de 2017
Recuncho experiencias: Trasvases sólidos.
Deixo unha nova actividade do recuncho de experiencias, un dos meus preferidos este curso, nesta ocasión, trasvases sólidos. Esta actividade ten varios pasos, que previamente lles expliquei e fixen eu mesma en gran grupo, trátase de que sigan a secuencia de pasos dun xeito ordenado e tranquilo.
Todos e todas conseguiron manterse concentrados ao longo da actividade, de principio a fin, que non era moi doado porque requería de paciencia e certa precisión. Fixádevos nas distintas maneiras que teñen de resolver.
O primeiro video ten a secuencia completa de pasos feita por Alba Álvarez, os demais son cachiños de varios deles, posto que senon faríase interminable.
Esta é unha actividade tipo Montessori, incluida na área da vida práctica, traspasar sustancias- como verter ou sacar con culler- estimulan o desenrolo da coordinación coordinación óculo-manual,o que resulta de gran utilidade á hora de comer, servir alimentos a outra persona ou a un mesmo, cociñar. Asimesmo estos exercicios adestran a musculatura para unha maniobra bastante máis complexa, a lectoescritura. Ademáis traballan a paciencia, a precisión, a concentración...
Xa me diredes que vos parece.
Etiquetas:
Montessori.Trasvases de sólidos.
domingo, 14 de mayo de 2017
Excursión Río da Pedra. Prantamos árbores.
Un dos mellores agasallos que lle podemos ofrecer aos nosos nenos e nenas é o contacto coa natureza, onde poden observar, descubrir, facerse preguntas, correr, explorar, poñer a proba as súas habilidades motrices...
Pois aquí queda un resumo da excursión que fixemos ao Río da Pedra ,onde poideron disfrutar deste entorno natural tan fermoso; e despois demos un pequeno paseo ata a parte de arriba para prantar árbores, ademais no camiño nos esperaba unha sorpresa inesperada. Que será?
domingo, 7 de mayo de 2017
Cumple Alba. A
Un día tan especial coma o 23 de abril estivo Alba.A de cumpleanos e o martes 25 de abril festexámolo no cole con Mónica, a súa nai.
Moitas Felicidades Alba, 5 anos xa; a disfrutalos moitísimo!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)