miércoles, 31 de diciembre de 2014

FELIZ ANO NOVO. CARTA AOS REIS MAGOS.

Bueno, último día do ano e última entrada do blog deste ano, o balance é moi positivo, quedámonos cos abrazos, os sorrisos, os bicos, a ilusión, o respeto, a amizade, os xogos, as gañas de aprender... e porque non, tamén cos enfados, as lágrimas e as situacións máis complicadas que nos axudan a coñecernos, a poñernos no lugar dos demais, a empatizar e a axudarnos entre nós.



Por todo isto, queridos Reis Magos que sepades que nos portamos fenomenal, e supoño que a estas alturas xa recibistes as nosas cartas, pero por se acaso ahí van. Esperamos que nos traiades algún dos xoguetes que pedimos, que sabemos que todo é díficil e somos moitos nenos/as. Esperamos que todos reciban alomenos un agasallo. Darvos as grazas por todo o que compartimos cada día nas nosas aulas e que o 2015 sexa tamén estupendo, estando xuntos e coas nosas familias, seguro que sí.
Con moito cariño, os nenos e nenas de Carregal.
Posdata: Deixarémosvos comida e bebida nas nosas árbores. Esperamosvos impacientes!!! Bicos.


                                                                 AARON


JULIA


SARAY


ALMA


ANDRÉ


AMANDA

SAMUEL


ALBA

 MARÍA

YERAY


MATEO


LUCA








1 comentario: