viernes, 25 de octubre de 2013

TALLER DE ARTE. CORES E NATUREZA.

Cada venres en Carregal temos taller de arte. Os obxectivos deste taller son moitos: acercarse aos elementos que compoñen as pinturas, os cadros: líneas, formas, puntos, as cores, os matices das cores, as mezclas, coñecer e traballar con distintos materiais e soportes... pero o obxectivo principal é desenrolar a creatividade, o pensamento diverxente...comprobar que hai moitas posibilidades de levar a cabo o mesmo proxecto;  todo isto con propostas máis cerradas ou abertas, pero sempre con un abano de posibilidades no que nos poidamos expresar.
Mirade o que fixemos de momento, no video está o proceso. 








sábado, 19 de octubre de 2013

SAÍDA Á CASA DE RUBÉN E O MONTE.

ESTE MES FIXEMOS UNHA SAÍDA MOI ESPECIAL, FOMOS Á CASA DE RUBÉN, ENCANTOUNOS A SUA UBICACIÓN, RODEADA DE MONTE, UN ESPACIO NATURAL E ABERTO MARABILLOSO, RECOLLEMOS CASTAÑAS, MIRAMOS OS ANIMAIS QUE TEÑEN E LOGO PASEAMOS POLO MONTE, RECOLLENDO DISTINTAS FOLLAS, FROITOS, PAUS.... ACOMPAÑARONNOS O PROFE QUIQUE, MARTA, A MAMÁ DE ANDRÉ, E OS PAIS DE RUBÉN, JOSE E AIDA. DARLLE AS GRAZAS A TODOS POR ESTE DÍA TAN ESPECIAL E QUE OS NENOS DISFRUTARON TANTO, COMO ANECDOTA DICIR QUE Ó DÍA SEGUINTE LUCAS PREGUNTOU A ONDE IAMOS ESE DÍA "PROFE Y HOY A DONDE VAMOS?"

sábado, 5 de octubre de 2013

CUMPLEANOS DANIELA MARTÍNEZ

ONTE CELEBRAMOS O CUMPLE DE DANIELA, XA TEN 5 ANOS. MOITISIMAS FELICIDADES E MOITAS MOSTRAS DE AGARIMO DOS SEUS COMPAÑEIROS E MESTRES. FELICIDADES CAMPEONA. COMO VEREDES GUAPÍSIMA,  SEMPRE NOS ENAMORA COA SUA SONRISA.
















BAILE DESPOIS DA MERENDOLA