martes, 18 de diciembre de 2018

Yoga en el aula. Yoga para la vida


Como sabéis en el aula hacemos todos los días pequeños ejercicios de yoga y a los martes una sesión, os dejo aquí una pequeñísima parte de lo que hacemos, puesto que yo participo con ellos y  me es complicado hacer tantas fotos como quisiera. Casi siempre terminamos las sesiones con mandalas que hacen en grupo, de modo que tienen que ponerse de acuerdo y respetar las decisiones de sus compañeros.
El yoga tiene muchísimos beneficios: aporta conciencia corporal, aumenta la flexibilidad, la coordinación, nos ayuda a estar presentes en el aquí y ahora, nos ayuda a relajarnos... pero mejor que yo, lo explica Ainhoa al inicio del vídeo. 
Os animo a hacer pequeños ejercicios de yoga con ellos, que ya saben muchas cosas.


lunes, 10 de diciembre de 2018

Mates manipulativas con materiales Montessori e con outros materiales.


Ahí vai un resumo do traballo de mates realizado nestes meses, o primeiro video é todo con materiales Montessori que nos trouxo o profe Adrián, e no segundo son diferentes tipos de propostas que traballan conceptos matemáticos e de motricidade fina.
Moitas grazas profe Adrián por prestarnos o material.





jueves, 29 de noviembre de 2018

Convivencia Taborda-Amorín- Carregal Novembro.

Resumo da convivencia que tivemos en Taborda as escolas de Amorín, Taborda e Carregal. Compartimos a xornada xogando, cociñando empanada e mazá e divertíndonos moito no patio, tivemos unha visita especial, Talo, o can do veciño, que está moi afeito a estar con nenos/as!!
Moitas grazas por este día e polo agarimo co que nos recibíchedes, grazas por facer bombóns para todos, estaban boísimos.

sábado, 24 de noviembre de 2018

Samaín 2018.



Así de monstruosos festexamos o Samaín.




















Obras de Urbano Lugrís relacionadas co mar e cos monstros mariños.
 


Eles debuxaron os seus propios monstruos mariñosl





























viernes, 16 de noviembre de 2018

Construccións e natureza.

Un remix de actividades que fixemos en relación con elementos naturais, no patio, a horta, construccións e a importancia da luz... como diría Gaudí "a natureza é a nosa mestra", temos que observala, respectala e aprender moito dela.



jueves, 1 de noviembre de 2018

Convivencia Barro-Taborda- Carregal e cumple de Pedro.

Resumo da xornada de convivencia que tivemos a semana pasada as aulas de Barro-Taborda e a nosa en Carregal.  
Estiveron xogando con diferentes materias na aula, fixemos xogos grupais, Maribel contounos un conto, prepararon pinchos de froita, festexamos o cumple de Pedro e por último fixemos unha saída por Carregal, observando a natureza, colleitas e xogando no parque.
Remataron a xornada degustando rosca a que nos convidou a profe Maribel.
Foi un día moi bonito e especial porque ademáis era o cumple de Pedro, e viu a súa familia a festexalo. 
Estas xornadas son moi enriquecedoras tanto para os nenos e nenas como para as profes xa que aprendemos uns de outros, compartimos experiencias, xogos, ilusións, ímonos coñecendo uns a outros, os nenos/as relacionanse entre eles...


domingo, 28 de octubre de 2018

Amar o mar.

Un resumo do traballado do proxecto deste curso "Amar o mar" ata o de agora. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración traendo cousiñas relacionadas co mesmo: libros, peixes, cunchas, disfraz, redes...

domingo, 21 de octubre de 2018

Banco do patio.


Levounos tempo pero por fin terminamos o banco para o patio. Disfrutaron moito pintándoo e agora xogando nel, todo un éxito.
Quero darlle as grazas de novo a Carlos ,o avó de Nuria ,por facelo, aos pais de Matteo por traernos os pallets e a todas as familias que colaboráchedes, tamén a profe Nuria de Taborda que nos deixou a pintura para darlle a segunda man.





















domingo, 7 de octubre de 2018

Cumple Merchi.

O outro cumple que festexamos en setembro foi o meu. Fixemos pizza, que lles encantou, xa se vai convertir nunha tradición e soplei as velas no biscoito. Dixéronme, con razón, que tiña que dar as voltas ao sol, este ano non ía preparada, pero para o vindeiro, darei as voltas, acabarei un chisco mareada, ja, ja.   Pasámolo moi ben e recibín moitos mimiños, así que eu, encantada.
Facendo a pizza e nos obradoiros de cociña en xeral, os cativos practican moitas habilidades: amasar, mixturar, picar, medir, pesar... que lles axudan coa motricidade fina e conceptos matemáticos, ademáis de coñecer, palpar, ulir, probar... diferentes alimentos. Tamén falamos da procedencia dos alimentos : de orixen vexetal, animal... E son actividades cotiás, de vida, cunha finalidade clara, que neste caso é merendar. Ademáis despois toca recoller, limpar, lavar, secar. Polo que son actividades moi completas. Anímovos a que na casa cociñedes con eles de cando en vez.

Cumple Leyre.

En setembro festexamos o cumple de Leyre que estivo de cumple a finais de agosto. Cumpliu 5 anos xa. Acompañounos para festexalo, Pili, a súa nai e Noa, a súa irmá. 
Ademáis da tarta e os tiróns de orellas, festexámolo ao estilo Montessori, dando as voltas ao sol, unha por ano cumplido e mirando as fotos de Leyre dende que naceu ata agora, puidendo comprobar os cambios, como medrou ,o que serve para que os nen@s se vaian dando conta do paso do tempo. 
Os seus compis fixéronlle debuxos cos seus gustos e o que ela elexiu fixérono nun cadro.






















                   Xogando coa cámara.