Tarde pero chegou, o vídeo máis emotivo de todo o curso, no que despedimos aos maiores, tardei porque para subilo tiven que cambiar algunhas músicas e estiven disfrutando estes días tan calurosos.
Neste vídeo despedimos a sete marabillosos nenos e nenas que cando entraron revolucionaron Carregal, co seu entusiasmo, enerxía, coas súas charlas... sete nenos que se converteron nun gran grupo, cariñosos, amables, participativos, con moitas ganas de aprender e que cada un aportou o seu mellor para compartir co resto do grupo, e cos mestres, segundo o meu punto de vista, aprendemos e disfrutamos moito uns cos outros.
Darvos as grazas as familias por este tempo compartido, por entender o noso modo de aprender, de divertirnos e por colaborar sempre que volo pedimos. Moitas grazas.
Non me enrollo máis, foi un verdadeiro pracer compartir estes anos cos vosos fillos e fillas, espero seguir en contacto con vós e saber deles. Biquiños e agora sí, Moi Felices Vacacións.