Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto animais. Os gatos.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto animais. Os gatos.. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de julio de 2016

Proxecto Os Gatos.

Non quería deixar de mostrarvos o proxecto no que estivemos traballando ao longo de todo o curso, un pouquiño tarde, pero chegou, os gatos.
 Dous videos, o primeiro mostra o inicio e desenrolo de todo o proxecto e no segundo comprobamos o que aprendemos, non sólo eles, eu tamén. Como poderedes comprobar co proxecto, traballamos prácticamente todas as competencias: lingüística (vocabulario, expoñemos as ideas previas, falamos das nosas experiencias, poesías, cancións...), artística (coñecemos distintos autores, debuxamos, traballamos distintas técnicas plásticas, intepretamos o poema...) matemática (número de patas, de dedos, cantas crías teñen, series...), de aprender a aprender (buscamos e cotexamos información ), competencia na interacción e coñecemento do mundo físico (clasificación do gato; animal doméstico, felino, carnívoro, mamífero...), competencia social e cidadá (coidados e responsabilidades ao ter unha mascota)...