domingo, 27 de mayo de 2018

Método Científico. Experimento lentellas.

No terceiro trimestre lanzei unha pregunta, que necesitan as plantas para crecer? Dixeron auga, terra, sol.  Entón para comprobalo fixemos un experimento con lentellas .
Puxemos unhas en algodón, outras en terra, unhas con luz e aire, outras sen luz pero con aire (os botes destapados) e outra con luz pero sen aire (bote con tapa) e tocou esperar.
Pasaron os días e xa empezamos a ver cousas, e co paso de máis días puidemos comprobar que na terra medraban máis que no algodón, que as que estiveron sen luz quedaron blancas en lugar de verdes, ao non darlle o sol, non fan a fotosíntese  pero medraron tanto ou máis que as que estaban con luz, posto que pechadas na caixa teñen máis calor, coma nun invernadoiro, e as que estiveron sen aire, non puideron medrar tanto, xa que non tiñan sitio e as follas empezaban a estropearse.
Así traballamos como os científicos, dende unha pregunta, supoñemos a posible resposta (hipótese), fixemos o experimento, observamos e finalmente sacamos unha conclusión: necesitan auga, terra e luz (para medrar adecuadamente) pero tamén aire, e sen terra e luz tamén medran pero non axeitadamente, sen terra non reciben alimento para medrar ben e sen luz non se poñen verdes.













                                                      SEIS DÍAS DESPOIS.








       22 DÍAS DESPOIS.











sábado, 26 de mayo de 2018

Pequenos grandes "yoguinis"

Como xa sabedes o ioga forma parte da nosa rutina de aula, aportando múltiples beneficios: autocoñecemento, control corporal, flexibilidade, autoestima (teríades que velos cando logran facer algunha asana o orgullosos que están), alegría, concentración, relaxación, cohesión de grupo, respecto... e un largo etcétera. 
Obxectivos e valores todos eles importantes para a vida. Por iso vos animo a facer pequenos exercicios con vosos peques, xa saben moito, poden ensinarvos. 




sábado, 19 de mayo de 2018

Mamás contacontos II

Vou con un pouquiño de retraso pero ahí vai un resumo dos contos que nos viñeron a contar Ana e Gemma para fomentar a lectura entre os cativos e cativas. 
Ana contounos a historia dun neno ao que lle encantaba o mar e tiña unha caracola para escoitalo sempre que quixese, agasallou a cada neno/a con unha pequena caracola e Gemma contounos tres contos,  "el príncipe caprichoso", a versión da contacontos Beatriz Montero, outro dunha mamá heroína e "el refugio", éste último regaloúnolo para a aula e conta a importancia da xenerosidade e de axudar aos demáis sempre que poidamos.
Moitísimas grazas as dúas.
Estes pequenos momentos de participación na aula, teñen unha importante impronta nos recordos dos vosos fillos, e axudan a acercar escola e familias, que é un obxectivo fundamental na nosa metodoloxía.

martes, 8 de mayo de 2018

Marcapáxinas inspirado en Jackon Pollock e Gloria Fuertes.

Polo día do libro, fixemos un marcapáxinas e como estamos co proxecto de arte, inspirámonos no artista Jackon Pollock, aproveitando o bo tempo e que a técnica que usaba era moi divertida, salpicar pintura sobre un fondo de cor. 
Logo lemos varias veces a poesía de Gloria Fuertes que nos recorda que os humáns somos os únicos animais coa capacidade de ler, así que, habrá que aproveitala non?





sábado, 5 de mayo de 2018

Kamishibai coa profe Betlem. "El gigante Dante"

Unha mostra do traballo que fan os nenos e nenas coa profe Betlem.
Neste caso, teatro co kamishibai. Unha forma estupenda de expresarse, dramatizar, falar cara os demais e neste conto ademáis unha mensaxe importante de concienciación de coidado do medio ambiente.
Xa veredes que ben o fan, como o viven intensamente, desfrutando moitísimo.
Gran traballo, profe e nen@s!!!

Que fai falta?

A partir do xenial conto de Gianni Rodari "Que fai falta", fixemos unha fermosa actividade de clasificación por cores de distintos tipos de flores, aproveitamos para ulilas, dicir os seus nomes, apreciar os matices de cor nas flores da mesma cor, observar que todas as cores están presentes na natureza e que TODO procede da natureza, por tanto, é a nosa obriga Respetala e Coidala.





























martes, 1 de mayo de 2018

Creacións de primaveira.

Traballos que fomos facendo neste terceiro trimestre. Agora temos conta Instagram carregalclase onde subo pequenas cousiñas máis a miúdo posto que é máis sinxelo e rápido, animádevos a seguirnos.  As que comparto agora, xa están subidas. En instagram comparto traballos do cole sen que saian as caras dos pequenos, a diferencia do blogue.

Propostas primaverais.
Debuxar a primaveira en papel albal.
Poesía da primaveira, aprendémola, representámola e inventan un título.