Vou con un pouquiño de retraso pero ahí vai un resumo dos contos que nos viñeron a contar Ana e Gemma para fomentar a lectura entre os cativos e cativas.
Ana contounos a historia dun neno ao que lle encantaba o mar e tiña unha caracola para escoitalo sempre que quixese, agasallou a cada neno/a con unha pequena caracola e Gemma contounos tres contos, "el príncipe caprichoso", a versión da contacontos Beatriz Montero, outro dunha mamá heroína e "el refugio", éste último regaloúnolo para a aula e conta a importancia da xenerosidade e de axudar aos demáis sempre que poidamos.
Moitísimas grazas as dúas.
Estes pequenos momentos de participación na aula, teñen unha importante impronta nos recordos dos vosos fillos, e axudan a acercar escola e familias, que é un obxectivo fundamental na nosa metodoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario