jueves, 15 de marzo de 2018

Felicitacións moi especiais.

O equipo de Normalización Lingüística propúxonos unha actividade moi especial, facer  xornadas de convivencia cos maiores do centro de día, para compartir experiencias, charlas... e tamén felicitalos polo seu cumple. 
Pois a nós tocounos felicitar as cumpleañeiras de febreiro, Carmen e María, e fixémoslle un acróstico cos seus nomes desexándolles cousas fermosas e fixeron debuxos para elas. Esperemos que lles gustase. Desexando  coñecelas cando nos toque ir a nós ao centro de día, que será o vindeiro 6 de abril.










miércoles, 14 de marzo de 2018

Propostas.


Na dinámica de aula incorporamos propostas de traballo de diferente índole, trátase de que os nenos e nenas elixan a que prefiran, non necesariamente pasan por todas, deste xeito diversificamos e atendemos aos distintos intereses.
As premisas son que na proposta que elixan, teñen que rematar a actividade e non poden ir a unha proposta que esté ocupada por outro compañeiro. 
Estamos intentando incorporar materias naturais, duradeiros e fermosos, así como utensilios que usamos na vida cotiá, para que os nenos/as aprecien a sua beleza, os traten con agarimo e coidado...
Tamén hai unha acotación do espazo de traballo, para promover a orde e facilitar a tarefa.
Aproveito para darlle as grazas a profe Cristina do cole de Aurora, que nos agasallou con unhas fermosas rodaxas de troncos que nos están dando moito xogo.








domingo, 11 de marzo de 2018

Festa do 100 e despedida de Paula.

Como sabedes dende o primeiro día de cole, imos contabilizando con palillos cantos días levamos no cole, contamos únicamente os días que asistimos, nin fin de semana, nin festivos, nin vacacións. Pois contando, contando, chegamos aos 100 días e festexámolo o venres 23 de febreiro, para así coincidir coa despedida de Paula, que nos estivo acompañando e axudando dende o principio de curso.
Organizamos unha festa sorpresa para ela e os peques lograron manter o secreto toda a semana, uns campeóns. Darvos as grazas a todas as familias por implicarvos e asistir á despedida de Paula, que estivo moi emocionada toda a xornada.
Aquí vos deixo un resumo das actividades relacionadas cos 100 días de cole que fixemos esa semana e da despedida de Paula, así como o vídeo que lle puxemos a ela ese día, para que o poida disfrutar máis tranquila.












lunes, 5 de marzo de 2018

JOAN MIRÓ.

Seguimos con cousiñas relacionadas co proxecto de Arte, neste caso a proposta foi de Paula, xa que tiña que levar a cabo un traballo como parte das suas prácticas.
Durante duas semanas estiveron con propostas de traballo en torno aos cadros de Miró, con puzzles, formación de palabras, a súa inicial ao estilo de Miró,debuxo ou modelado das figuras que usaba Miró nos seus cadros, fixeron plastilina, contaron elementos repetidos nos cadros... 
Un bonito e completo traballo, que todos, maiores e nenos/as disfrutamos. 
Aproveito para mandarlle un saúdo a Paula, que cando pasamos lista, seguen decindo que falta ela. Un biquiño.



domingo, 4 de marzo de 2018

Piet Mondrian.

Imos intentar actualizar un pouquiño o blog. Nesta ocasión un traballo que comezamos a finais do primeiro trimeste e que rematamos a volta das vacacións de Nadal. 
Continuando co traballo das cores primarias e introducindo as cores neutras, e  tamén pola simplicidade do seu estilo, traballamos a Piet Mondrian. introducindo ou asentando noutros casos, os conceptos de liña, cadrado e rectángulo.
Fixemos un collage con papel de seda, usando as cores de Mondrian, tiñan que rasgar e pegar. Foi un traballo laborioso e de moitas sesións, no que tiveron que ter paciencia e perseverancia. 

sábado, 3 de marzo de 2018

Banco de pallets e cartel proxecto.

A miña cabeza non da para máis e esquecín de facer e subir este vídeo, que foi case o arranque do proxecto deste curso.
Cos pallets que nos trouxeron os papis de Matteo, Carlos, o avó de Nuria, fixo posible a idea dun banco ao que os nenos poidesen escalar, e despois entre varias familias barnizárono e os nenos/as deronlle a segunda man. Moitísimas grazas a todos e especialmente a Carlos.
Tamén fixemos o cartel do proxecto.
Queda pendente darlle cor e un pouco de vida ao banco, pero esperaremos a ter mellor tempo e a que nos traian a pintura.