Como sabedes dende o primeiro día de cole, imos contabilizando con palillos cantos días levamos no cole, contamos únicamente os días que asistimos, nin fin de semana, nin festivos, nin vacacións. Pois contando, contando, chegamos aos 100 días e festexámolo o venres 23 de febreiro, para así coincidir coa despedida de Paula, que nos estivo acompañando e axudando dende o principio de curso.
Organizamos unha festa sorpresa para ela e os peques lograron manter o secreto toda a semana, uns campeóns. Darvos as grazas a todas as familias por implicarvos e asistir á despedida de Paula, que estivo moi emocionada toda a xornada.
Aquí vos deixo un resumo das actividades relacionadas cos 100 días de cole que fixemos esa semana e da despedida de Paula, así como o vídeo que lle puxemos a ela ese día, para que o poida disfrutar máis tranquila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario