sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO.

Como xa sabedes hoxe é o día do libro, e no cole levamos case todo o mes festexándoo, tanto na aula, coas mamis contacontos, coma na biblio do Cra, con mamis e mestres contacontos.  Pouco a pouco irei colgando as fotos e pequenos videos das mamás que viñechédes a aula, hoxe deixo os bonitos marcapáxinas que fixeron os nenos e nenas esta semana, así como unha ilustración de Laura Wood que mostra o poder da lectura, amplía a nosa imaxinación e o noso mundo.
Aproveito para felicitar a Alba Álvarez e a Amanda que hoxe están de cumple. E para lembrarvos que o luns 25, na aula de Seixo, haberá un contacontos moi especial, a cargo do equipo de biblioteca do Cra, ás 17:00 horas, non volo perdades.



 















domingo, 17 de abril de 2016

Cumple Alejandra

O xoves 14 de abril estivo de cumple Alejandra, cumpliu 4 anos e festexámolo no cole co seu pai, Miguel e coa súa irmá Ainhoa, moitísimas Felicidades!!! Teño que pedir disculpas pola calidade das fotos, esquecín a cámara e o tiven que facelas co móvil que ten a cámara raiada e non saen ben.
















viernes, 15 de abril de 2016

Equigalia. Aprendemos e disfrutamos cos cabalos.

Aquí vos deixo a superexcursión que fixemos a semana pasada, visitamos equigalia, un clube hípico onde nos explicaron moitísimas cousas e moi ben acerca dos cabalos, tivemos a oportunidade de dar unha pequena volta neles e de disfrutar cos saltos magníficos dunha das súas amazonas. Ademáis disfrutamos dun día soleado e dun entorno marabilloso. Moitas grazas a todo o equipo de equigalia por esta xornada tan estupenda.
O video é un pouco longo, pero creo, que merece a pena miralo.
Deixo o enlace de equigalia onde vos informan de todas as actividades que organizan por se vos interesa.    http://equigaliahipica.com/servicios/

martes, 5 de abril de 2016

INDIANA BILL 2016

Primeira excursión en autobús do curso e moita ilusión en todos, en Indiana Bill, saltamos, escalamos, baixamos por tobogáns escuros... enfrentámonos a unha situación nova, sobre todo os de 3 anos, e teño que dicir, que a levaron moi moi ben  e divertímonos moito ,moito pequenos e maiores. Un resumo da xornada.