sábado, 23 de marzo de 2019

Convivencia. Cumple. Oficios do mar.

Este mércores viñeron a nosa aula os compis de Taborda e pasamos con eles unha xornada inmellorable: paseo pola contorna cun tempo marabilloso, celebración do aniversario da profe Nuria que nos trouxo un rico bizcoito, e visita de Basilio, o avó de Aroa, que nos explicou fantásticamente a profesión da pesca submarina, un gustazo escoitalo, tiñades que ver o atentos que estiveron os nenos e nenas a pesares de que xa era tarde, aprendemos moitísimo, encantounos. Moitísimas grazas Basilio polo teu tempo e por compartir con nós o teu saber dun xeito tan ameno, foi xenial.




martes, 5 de marzo de 2019

Disfraces de peixes rematados.

Peixe betta, peixe mandarín,  peixe carpa de colores, peixe bolboreta, peixe arcoiris, peixe ciruxano azul, peixe anxo... foron as eleccións dos vosos pequenos e pequenas e a verdade é que o resultado parécese bastante aos orixinais.
Á volta do entroido aproveitaremos para traballar estes peixes: os seus nomes, xogos de asociación (imaxe real e disfraz), cores...


PEIXE CARPA DE CORES.




PEIXE CIRUXANO AZUL


PEIXE MANDARÍN

PEIXE BETTA
PEIXES ARCOIRIS, O REAL  E O DO CONTO.

PEIXE ANXO.


PEIXE BOLBORETA.






























lunes, 4 de marzo de 2019

Colaboración familias. Sesións de preparación dos disfraces.

Resumo en fotos das dúas sesións que tivemos os dous últimos martes para preparar os peixes. Noraboa familias polo traballo e grazas pola vosa implicación e esforzo. Así da gusto.