domingo, 26 de noviembre de 2017

Días con maxia.

Fai dous venres vivín unha mañá desas bonitas bonitas e gustaríame compartila con vós. Cheguei á clase para darlle o cambio a Antón e estaban todos en equipo axudando a recoller as colchonetas e os pequenos calzándonse soíños. Despois de saudalos e que rematasen mandeinos a beber porque estaban todos sudados e os que non quixeran beber, á asamblea. Despedimos a Antón e chámanme do baño para axudarlle a abrir unha botella de auga, vou e cando chego á asamblea estaban cantando a coro, capitaneados por Amparo, a canción que representamos no Nadal o curso pasado "Y este es un mensaje al mundo, para que dejen de pelear, para que juntos construyamos un camino como hermanos con amor y libertad..." por suposto, únome a eles alucinando de cómo algúns lembraban mellor a letra que eu. Dígolles que me encanta que canten e que se lembrasen da canción e empezamos a asamblea, de alí a un pouco Alejandra conta espontáneamente un chiste, boísimo por certo, gustoume tanto que lle digo que o repita para grabalo.



"Un avión de dos plazas se estrella en un cementerio. Ha habido dos heridos y doscientos muertos. Se siguen encontrando más muertos"



Matteo tamén quere que o grabe e inventa o seu chiste. 


Ao rematar imos a merendar e Amparo dille a todos que hai que esperar para empezar a merendar ata que todos estén servidos, merendan, van a lavar vaso e culler, e toca recreo. Mentres poñían as chaquetas para saír ao patio escoito a Pedro chorando desesperado, vou cara os percheiros e pregúntolle que lle pasa e dime  chorando  "Es que Alejandra no quiere ser mi princesa"  ao que Alejandra, que estaba ao lado, contesta "Es que me está molestando todo el rato" eu morta de risa por dentro, dígolle "Claro Alejandra, es que cuando te gusta mucho alguien, quieres estar todo el rato con él, y a Pedro le gustas mucho"  "Ya" di Alejandra.  Volvo a falar con Pedro e dígolle "De todos modos si Alejandra no quiere ser tu princesa y te valgo yo, a mi no me importa ser tu princesa" e dime "Vale" e abrazámonos. Que lindo!!!
Despois do patio, beben, elixen xogo e conto para levar para casa, rexistran o conto e dígolle se queren ver unha curta de emocións ou prefiren xogar en recunchos, deciden xogar.
Fan varios grupiños, xogando a construccións, a números... e respírase un ambiente tranquilo e de colaboración entre eles.
Conclusión. Aínda que non todos os días son iguais, pouquiño a pouco as cousas que traballamos día a día van saíndo e os nenos/as sorpréndenos constantemente, aprendendo un montonazo (máis nós que eles) e disfrutando moito con eles.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

XILÓFONO DE CORES.

Paula seguindo o proxecto deste curso e para traballar os experimentos levou a cabo un experimento moi bonito, un xilófono de cores con botellas de cristal, no que tiñan que medir distintas cantidades de auga e tinguila facendo mezcla de cores, despois experimentar como sonaba tocando con delicadeza.
 Actividade supercompleta na que logo teñen que ordenar as botellas de máis a menos líquido, abrilas para tocar e que sone ben e logo pechalas. Traballando por tanto conceptos matemáticos, cores primarias e secundarias, motricidade fina e a delicadeza e gusto por un sonido agradable.
Moitas grazas Paula.



domingo, 19 de noviembre de 2017

Paul Klee. Danzas causadas polo medo.


Continuando co proxecto de Arte deste curso e tendo en conta que acabamos de saír do Samaín traballamos a un dos meus artistas preferidos, Paul Klee, cunha obra chamada danzas causadas polo medo. Viron o cadro sen saber como se titulaba nin quen o pintara, falamos sobre el, que había no cadro, que lles parecía que estaban facendo, que cores había, que formas... tamén que título lle porían, a ningún lle pareceu un cadro que falara do medo, a pesar das cores grises, viron alegría, xa que estaban bailando e logo representárono cun fondo colorido. Vimos un pouquiño a biografía do autor e algunhas das suas obras, xa que ten moitísimas.
Aquí un resumo do que fixeron, que deu para moito: clasificación de formas xeométricas, composición libre coas mesmas, reproducción das mesmas en arena, con tiza, copiado en papel, recortado, técnica de estampar, cores... e o máis importante a opinión sobre o que vían e como os facía sentir.
E no video música con violín, xa que Paul Klee tocaba este instrumento.


lunes, 13 de noviembre de 2017

Festa de Magosto e Samaín 2017.

Aquí vai un resumo da celebración do magosto e o Samaín o pasado martes 31 de outubro. Darlle as grazas aos membros da banda de Goián que nos viñeron a contar e  tocar o conto dos tres porquiños e aos representantes da Anpa por asar as castañas e os chourizos para todos e adicarnos o seu tempo, moitas grazas. Tamén ao equipo de extraescolares por organizalo todo e amenizarnos coa canción de corre corre cabaciña e a todos os profes encargados dos xogos e de amenizarnos o día. Pasámolo moi ben.


jueves, 9 de noviembre de 2017

Plastilina.

Haber se adiviñades quen fixo cada cara, intentádeo. Logo no vídeo poderedes comprobar se acertáchedes.
Dúas actividades sinxelas pero creativas con plastilina.


miércoles, 8 de noviembre de 2017

Escribimos, lemos, asociamos.

Actividades de lecto-escritura, empezando polo máis significativo para eles, o seu propio nome. Asociacións, trazos, composición de palabras copiándoas ou formándoas eles mesmos...








sábado, 4 de noviembre de 2017

Cumple Matteo.

O tempo pasa voando e Matteo xa cumpliu o pasado 28 de outubro 5 anos, festexámolo o xoves desta semana. Acompañounos Genma, a sua mamá, que trouxo zumes e un biscoito grandísimo que tivo moito éxito. Ademáis trouxo moitas fotos para que Matteo e os seus compis viran o crecemento de Matteo ao longo dos anos, para facelos máis conscientes do paso dos anos. 
E os seus compis debuxáronlle como non podía ser doutro xeito, un superheroe, Matteo quería varios pero xa se nos facía moi díficil, entón elexiu a Batman, e o resultado foi bonito, un Batman multicolor que diseñou Alba e como ela non estaba, plaxiámolo para pasar ao lienzo e entre varios compis o pintaron.















 























miércoles, 1 de noviembre de 2017

Samaín. Que medo!!!!!

Para ir ambientando a festa de Samaín na aula fixemos algunhas actividades terroríficas... mirade mirade. Non temos fotos pero ademáis estivemos con uns cantos esqueletes nun cuarto a escuras...
E a profe Betlem ensinounos a transformarnos en verdadeiros monstros e a debuxar os nosos monstros.  Gustoulles tanto que logo os demáis nenos/as tamén quixeron probar e o resto repetiron. Haber se adiviñades quen é quen. Grazas profe Betlem.