domingo, 26 de noviembre de 2017

Días con maxia.

Fai dous venres vivín unha mañá desas bonitas bonitas e gustaríame compartila con vós. Cheguei á clase para darlle o cambio a Antón e estaban todos en equipo axudando a recoller as colchonetas e os pequenos calzándonse soíños. Despois de saudalos e que rematasen mandeinos a beber porque estaban todos sudados e os que non quixeran beber, á asamblea. Despedimos a Antón e chámanme do baño para axudarlle a abrir unha botella de auga, vou e cando chego á asamblea estaban cantando a coro, capitaneados por Amparo, a canción que representamos no Nadal o curso pasado "Y este es un mensaje al mundo, para que dejen de pelear, para que juntos construyamos un camino como hermanos con amor y libertad..." por suposto, únome a eles alucinando de cómo algúns lembraban mellor a letra que eu. Dígolles que me encanta que canten e que se lembrasen da canción e empezamos a asamblea, de alí a un pouco Alejandra conta espontáneamente un chiste, boísimo por certo, gustoume tanto que lle digo que o repita para grabalo.



"Un avión de dos plazas se estrella en un cementerio. Ha habido dos heridos y doscientos muertos. Se siguen encontrando más muertos"



Matteo tamén quere que o grabe e inventa o seu chiste. 


Ao rematar imos a merendar e Amparo dille a todos que hai que esperar para empezar a merendar ata que todos estén servidos, merendan, van a lavar vaso e culler, e toca recreo. Mentres poñían as chaquetas para saír ao patio escoito a Pedro chorando desesperado, vou cara os percheiros e pregúntolle que lle pasa e dime  chorando  "Es que Alejandra no quiere ser mi princesa"  ao que Alejandra, que estaba ao lado, contesta "Es que me está molestando todo el rato" eu morta de risa por dentro, dígolle "Claro Alejandra, es que cuando te gusta mucho alguien, quieres estar todo el rato con él, y a Pedro le gustas mucho"  "Ya" di Alejandra.  Volvo a falar con Pedro e dígolle "De todos modos si Alejandra no quiere ser tu princesa y te valgo yo, a mi no me importa ser tu princesa" e dime "Vale" e abrazámonos. Que lindo!!!
Despois do patio, beben, elixen xogo e conto para levar para casa, rexistran o conto e dígolle se queren ver unha curta de emocións ou prefiren xogar en recunchos, deciden xogar.
Fan varios grupiños, xogando a construccións, a números... e respírase un ambiente tranquilo e de colaboración entre eles.
Conclusión. Aínda que non todos os días son iguais, pouquiño a pouco as cousas que traballamos día a día van saíndo e os nenos/as sorpréndenos constantemente, aprendendo un montonazo (máis nós que eles) e disfrutando moito con eles.

2 comentarios: