jueves, 28 de febrero de 2019

Semana de entroido. Mércores e Xoves de Entroido 2019


Grazas de novo familias, pola vosa colaboración, guapísimos e guapísimas.

O mércores como un día de praia imos a estar, sombreiros e gafas vamos a usar.







O xoves libremente te disfrazarás e no cole te presentarás.














 Bob esponxa, estivo de vixiante no patio.
























martes, 26 de febrero de 2019

Semana de entroido. Martes.

O martes un mandil traerás e en peixeira e peixeiro te convertirás.

Hoxe ademáis de convertirnos en peixeiros e peixeiras tivemos varias sorpresas, unha instalación artística de entroido que nos propuxo a profe Natalia, coa que o pasaron pipa e a visita da profe Paula. Moitísimas grazas as dúas por contribuir a un día tan estupendo.






















lunes, 25 de febrero de 2019

Semana de entroido. Luns.

O luns de pirata virás e a todos sorprenderás.
As ordes de Iris este curso xiran en torno ao noso proxecto. Hoxe tiñamos que vir disfrazados de piratas e no photocall e ao largo da mañá metémonos totalmente no papel. Fomos malos, malísimos, para darlle medo aos outros bucaneros e levar os tesouros todos. Tamén tivemos sorte que nos visitou o pirata Pata de Lata e o seu loro que trouxo a profe Rebe, cun cofre do tesouro.











 










Preparación e festa do 100

Un resumo da preparación e da festa do 100. Pasámolo xenial e a emoción estivo presente moitos días antes e por suposto durante o día. Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración coa camiseta do 100, estaban guapísimos e guapísimas, así da gusto, grazas.
Unha forma de traballar matemáticas de xeito manipulativo, ameno e significativo, non creo que se lles olvide a festa do 100. 
Contaron e requetecontaron ata 100, sobre todo facendo decenas, agrupando os obxectos de 10 en 10, que facilita a tarefa. Fixeron xogos nos que había 100 elementos, merendamos 100 cousas... bueno, quedaríamos na metade, comer 100 cousas resultou ser moito, ja, ja. 


lunes, 18 de febrero de 2019

14 de Febreiro. Debuxos de Amor.

O Amor festéxase tódo-los días e coídase tódo-los días, pero aproveitamos esta data para agasallar aos que queremos, pais, nais, irmás... con debuxos de amor e palabras bonitas. Entre todos fixeron estes murais que agora están na entrada do cole como mostra de Amor a súas familias e de paso lles demos unha sorpresa, que é a emoción que estamos traballando nestes intres. Saíron todos en silencio para abrazar aos seus familiares e mostrarlles os debuxos.