Como sabedes aos venres ven un ratiño a nosa aula o profe Adrián e aproveitamos para facer traballo matemático. Adrián estanos prestando un montón de material Montessori, e a verdade é, que nos encanta. Moitísimas grazas profe Adrián pola tua xenerosidade e por ensinarnos tanto, estamos encantadísimos e moi agradecidos.
Neste caso móstrovos un traballo que fixeron os maiores, trátase do sistema decimal, despliegue de números dende o 1 ao 9000.
É un material moi visual que lles axuda a ter conciencia da diferencia entre os números, ¿canto ocupa un? ¿canto ocupa nove mil? e aínda que pode parecer moi complexo en principio, é bastante intuitivo, xa que son números completos, só se van engadindo ceros en función de se son decenas, centenas, millares. Polo que non tiveron dificultade en montalo, sí un pouquiño máis algúns en nomear os números ou recoñelos, pero o importante é a aproximación ao sistema decimal e ir entendendo a diferencia de cantidade entre por exemplo 10,100 ou 1000.
Gustoulles moito, moito. E a mín tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario