sábado, 30 de mayo de 2015

CAMIÑAMOS NA LECTOESCRITURA.


Ahí vai unha pequeniña mostra de como traballamos a lectoescritura, a través de trazos, actividades de conciencia fonolóxica, lectura de pequenas palabras, axudándonos uns a outros, tocándonos e divertíndonos, xa veredes...

miércoles, 27 de mayo de 2015

Excursión en tren. Teatro musical: A nena e o grilo no país das apertas.

Imos un pouco a destempo, pero imos; ahí vai o video-resumo da viaxe en tren ata o teatro en Vigo.
A obra gustou, pero o tren e os tuneis triunfaron.

miércoles, 20 de mayo de 2015

Mix ABN (Gústannos as mates)

Como sabedes este curso empezamos con dúbidas e sen saber ben como ía a funcionar a traballar as mates co método ABN (algoritmo baseado en números), aventurándonos en plantexamentos como a decena, a centena, as equivalencias, os dobles, os pares e impares... ata o de agora pouco abordado ou soamente moi de soslaio cos maiores. 
Pois ben, agora que estamos case que a final de curso, podemos dicir que funcionou e moi ben, con todo o grupo, cada a un ao seu nivel, pero tod@s divertíndose e querendo aprender, que penso que é o ao meu parecer, o que realmente importa. 
Que sexa tan manipulativo e  visual,  sen dúbida, favorece a comprensión; así coma o feito de que se traballase sistemáticamente todos os luns, co taller de matemáticas e todos os días na asamblea ou ao longo da xornada cando xurdía a ocasión.
Pois aquí quedan os últimos videos do traballo matemático deste curso.









lunes, 18 de mayo de 2015

VISITAS QUE NOS ALEGRAN.

A finais de Abril visitounos Kenia, tanto os mestres coma os compañeiros encantounos a sua visita, contounos cousas que fan en primeiro e estivo axudando moito aos seus compis, moitas grazas por vir, volve cando queiras !!! Seguiromosche a pista, a ti e aos demais que xa estades en primaria. Biquiños.



















miércoles, 13 de mayo de 2015

A nena e o grilo no país das apertas.

Mañá chega o ansiado día da viaxe en tren para chegar a Vigo e disfrutar do musical. "A nena e o grilo no país das apertas".
Deixovos algo da información que atopei.

Información de afundación .org  que é a que nos oferta a actividade.

A nena e o grilo no país das apertas Educación infantil (3 a 6 anos)
Magín Blanco Duración: 60 min Música A través de cancións con tintas de pop, rock, reggae ou bossa nova, cóntase a historia da amizade entre unha nena e un grilo. Ambos descóbrennos emocións e sentimentos, ensínannos a vivir e conseguen que nos mergullemos nun universo máxico. Unha historia que nos fai medar uns centímetros en doses de ilusión, creatividade e imaxinación. Do 4 ao 18 de maio de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Información da propia páxina de facebook "A nena e o grilo"

"A nena e o grilo descóbrennos emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico e ilusionante. Historias para nenos e nenas de todas as idades, para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade.
Móstrannos un país aberto e sen fronteiras, no que se reclama o dereito de todos a ser felices. Neste mundo da nena e o grilo, o coidado da natureza, a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a amizade ou o respecto ás distintas identidades son o ar que se respira. Para aprender mentres xogamos, para saber mentres cantamos"

Video-resumo que comparten tamén no facebook "A nena e o grilo.



Pinta moi ben, verdade?

lunes, 11 de mayo de 2015

ACUBAM IV. PINCHO DE FROITAS.

Agora sí que sí, última sesión do taller Acubam, no que Noemí nos explicou os nutrientes e propiedades das froitas e fixemos un riquísimo e sanísimo pincho de froita. Darlle as grazas a Noemí polo seu bo facer e alegría ao longo destes catro talleres.

sábado, 9 de mayo de 2015

XOGOS ABN. Cadro numérico ata o 100

Como sabedes co ABN estamos traballando o cadro numérico ata o 100, incluso xa pasamos. Deixo aquí uns xogos para practicar, os xogos están ordenados por nivel de dificultade, de menor a maior, aínda non os practicamos na aula, tocará este luns. Están máis pensados para os maiores, 5 anos, pero os demais poden practicar coa axuda dos seus irmáns maiores ou dos papás, anímadevos. Están en inglés pero o que é o xogo, enténdese sen dificultade. Para acceder aos xogos pinchade no enlace que está debaixo.
Os xogos están sacados do blog "En el aula de apoyo". Deixo aquí o enlace por se queredes votar un vistazo.  http://enelauladeapoyo.blogspot.com.es/2015/05/repasamos-numeros-hasta-100.html.
 Neste blog, de Elena E.Medina, mestra de Pedagoxía Terapeútica, tamén tedes as fontes de onde sacou ela os xogos, onde atoparedes outros moitos.
Darlle as grazas novamente por compartir.

No primeiro xogo hai para principiantes e avanzados, empezamos co principiantes e elexide o cadro do 1 ao 100 que é o que temos na aula. Logo o que se anime pode facer o outro do 0 ao 99.

http://www.abcya.com/one_hundred_number_chart_game.htm
http://www.abcya.com/one_hundred_number_chart_game.htm


http://www.st-martins.oldham.sch.uk/flash/ladybird_100.html
http://www.st-martins.oldham.sch.uk/flash/ladybird_100.html


http://nrich.maths.org/content/id/5572/JigSaw2.swf
http://nrich.maths.org/content/id/5572/JigSaw2.swf

http://www.iboard.co.uk/iwb/Number-Square-Puzzle-10-Missing-Numbers-378
http://www.iboard.co.uk/iwb/Number-Square-Puzzle-10-Missing-Numbers-378


http://www.abcya.com/100_number_grid.htm
http://www.abcya.com/100_number_grid.htm

martes, 5 de mayo de 2015

AS FAMILIAS CÓNTANNOS E ENCÁNTANOS IV.

Último vídeo de familias contacontos, neste caso, Santiago, o pai de Samuel, contounos unha fermosa e tenra historia chamada "Una mamá para Owen"; conto que lle regalou a Samuel a súa avoa.
Moitas grazas Santiago, e tamén a todas as familias que compartiron o seu tempo e fermosas historias con nós, estades convidados a voltar cando queirades.

lunes, 4 de mayo de 2015

AS FAMILIAS CÓNTANNOS E ENCÁNTANNOS III

Nova sesión de mamis contadoras de contos. Vanesa, mami de Yeray e Aarón, contounos dous contos da sua infancia, e Carolina, mami de Alba, trouxo unha gran selección de contos e os nen@s escolleron cales querían que lles contase, que quixeron case todos. Quedounos pena de que Alba non estivese, por atoparse maliña.
Moitas grazas por compartir o voso tempo e ilusión con nós.