miércoles, 13 de mayo de 2015

A nena e o grilo no país das apertas.

Mañá chega o ansiado día da viaxe en tren para chegar a Vigo e disfrutar do musical. "A nena e o grilo no país das apertas".
Deixovos algo da información que atopei.

Información de afundación .org  que é a que nos oferta a actividade.

A nena e o grilo no país das apertas Educación infantil (3 a 6 anos)
Magín Blanco Duración: 60 min Música A través de cancións con tintas de pop, rock, reggae ou bossa nova, cóntase a historia da amizade entre unha nena e un grilo. Ambos descóbrennos emocións e sentimentos, ensínannos a vivir e conseguen que nos mergullemos nun universo máxico. Unha historia que nos fai medar uns centímetros en doses de ilusión, creatividade e imaxinación. Do 4 ao 18 de maio de 2015. Horario: 10.00 e 12.00 h

Información da propia páxina de facebook "A nena e o grilo"

"A nena e o grilo descóbrennos emocións e sentimentos, apréndennos a vivir, e fan que nos mergullemos nun universo máxico e ilusionante. Historias para nenos e nenas de todas as idades, para aprender, ser e sentir, para convencernos de que podemos crear outra realidade.
Móstrannos un país aberto e sen fronteiras, no que se reclama o dereito de todos a ser felices. Neste mundo da nena e o grilo, o coidado da natureza, a liberdade, a igualdade, a solidariedade, a amizade ou o respecto ás distintas identidades son o ar que se respira. Para aprender mentres xogamos, para saber mentres cantamos"

Video-resumo que comparten tamén no facebook "A nena e o grilo.



Pinta moi ben, verdade?

4 comentarios:

  1. Uyyyy..... Casi coincidimos, nosotros estuvimos el martes!!!!.... A ver si esta noche cuelgo la peli.....

    ResponderEliminar
  2. Siii!!! A los niñ@s les gustó, yo disfruté mucho más con la obra "A nena, o grilo e o barquiño" también de Magín Blanco.

    ResponderEliminar
  3. A Mateo no le daba llegado el día jaja. Se lo pasó genial. Para él lo mas alucinante es el viaje en tren. Le encanta!!!!

    ResponderEliminar
  4. A Mateo no le daba llegado el día jaja. Se lo pasó genial. Para él lo mas alucinante es el viaje en tren. Le encanta!!!!

    ResponderEliminar