jueves, 20 de junio de 2013

EXPERIENCIAS, VIVENCIAS E EMOCIÓNS .

Hoxe foi un día cheo de emocións, porque celebramos a festa fin de curso coas familias e despedimos do cole a alumnos, compañeiros e fillos que para o curso que ven xa non estarán con nós e aos que lle desexamos de todo corazón que sexan moi felices nos seus novos coles; Aroa e Victor que cambian de aula e de colexio e Xabi, Victor e Bruno que pasan para primaria. 
Darvos tamén  as grazas as familias pola vosa boa disposición, colaboración e bo ambiente creado durante todo o curso.
Deixo os videos que proxectamos na festa para que os vexades as familias que non poidestes asistir a festa. Nas vindeiras entradas colgaremos a festa coas actuacións dos nenos e as últimas actividades que fixemos este mes. 








martes, 18 de junio de 2013

ANXO MOURE. O CARBALLO CON BOTAS.

Como parte dun premio pola participación do CRA no plan proxecta, axenda 21 ( en relación ao coidado do medio ambiente) o luns da semana pasada visitounos Anxo Moure; un contacontos moi especial que fixo que os nenos o pasasen estupendamente;como veredes no video, transmitindo unha  mensaxe de amor e coidado da natureza.

sábado, 8 de junio de 2013

CONCURSO "CUIDAMOS EL MEDIO AMBIENTE"

Este curso varias aulas del CRA hemos participado en el concurso escolar "Cuidamos el medio ambiente"  patrocinado por imedio y convocado por  AMEI (Asociación Mundial de Educadores infantil), aunque no hemos ganado, si han seleccionado nuestro video para compartir en la página de youtube de AMEIenclase, donde se comparten videos educativos, podreis ver otros de los videos presentados al concurso. El video es un resumen del proyecto de todo el curso relacionado con el cuidado del medio ambiente, espero que os guste.

lunes, 3 de junio de 2013

TEATRO VIGO. KRI-KRA- KRO.

O xoves pasado, 30 de maio, fomos ao teatro a Vigo, asistimos a unha obra diferente, na que xogaban coas imaxes e os sons, e con estes elementos e unhas caixas de distintos tamaños, dous personaxes, levaronnos a un xogo na que a imaxinación era a protagonista, dándonos a sua visión particular do mundo.
Na presentación aparecen pequenas partes da obra, para que vos fagades unha idea; connosco triunfaron , posto que conseguiron manter a atención dos nenos durante toda a representación.