O mércores 28 de outubro festexamos o cumple de Matteo, que cumpliu 3 anos, aquí están os preparativos e a merenda do seu día especial. Moitas Felicidades!!!!!!
Debuxos para Matteo.
Riquísimas tartas de temática pirata, o barco e a illa do tesouro.
O noso agasallo para Matteo: palabras bonitas, fotos, debuxos dos compis e outras sorpresas.
O venres 16 de outubro fixemos unha saída por Carregal, primeiro para coñecer a cadeliña de Mateo, posto que estamos traballando os animais domésticos, e para observar o outono, recoller froitos e follas, e como non, para visitar por fóra a granxa de cabalos, como vimos facendo anos atrás. Aos pequenos resultoulles un pouco larga a camiñata e Alba Pérez lesionouse cando viñamos de volta, pero aínda así, creo que valeu a pena. O contacto coa natureza, facerse responsables dos compis máis pequenos, poder explorar o entorno máis cercano, poder observar aos cabalos de cerquiña, cerquiña...
Acompañáronnos Genma, a mami de Mateo, Montse, a mami de Noel e a profe Mirta, darlle as grazas as tres, por axudarnos tanto, tanto. Moitas Grazas.
O avó de Nuria troúxonos ao cole as súas tartarugas. Pasaron con nós toda a xornada e os nenos divertíronse moito, poidemos observalas con detalle e falar das suas características, tipo de reproducción,etc proximamente decidirán se queren profundizar máis no seu coñecemento ou non. A tartaruga pequena estivo escondida case todo o tempo, pero a maior permitiunos xogar con ela e seguila alá onde ía, as profes tememos pola sua vida, ja,ja, pero finalmente saíu ilesa.
Darlle moitas grazas o avó de Nuria, por permitirnos ter esta experiencia. Aquí tedes un resumo da xornada.
Deixamos algunhas das actividades que fixemos para traballar a lectoescritura, moitas relacionadas co proxecto deste curso "Vaia fauna que hai no Cra". Se vos fixades os maiores axudan aos pequenos e tamén se axudan entre eles, esta é unha parte moi importante do traballo de aula, a monitorización ou guía dos maiores cos pequenos, e axuda entre iguais. O que axuda ao establecemento de boas relacións entre eles, a saír un pouquiño do egocentrismo propio da etapa, e o traballo de valores.
Como sabedes este curso, temos a Mirta, algunhas horas, de mestra de apoio, axúdanos nas actividades de aula, os martes cubre a coordinación e estamos aprendendo moitas cousas con ela, entre elas ,preciosas cancións, que nos axudan a aprender divertíndonos. Deixamos unha mostra, e aproveitamos para darlle as Grazas, pola súa boa enerxía e implicación.
A filosofía do noso cole, aseméllase ou iso intentamos, a filosofía Montessori con materiais e actividades da vida real (vestirse,calzarse, descalzarse, poñer a mesa,servir a auga, lavar os platos e vasos da merenda,barrer...), onde se fomenta a autonomía dos nenos e nenas, con materiais acesibles, ao seu alcance, ordenados, collemos un material e ao rematar o voltamos a colocar ordenado e no seu sitio, actividades variadas, creativas... por iso, vos deixo este video dun día nunha escola Montessori dun neno de 4 anos, para que vexades, que sí poden e son capaces; sendo fundamental a nosa confianza neles. Xa me contaredes que vos parece.
Deixo un enlace, do blogue pequefelicidad, que trata o tema a fondo, por se vos animades a poñelo en practica nas vosas casas, que seguro que moitas das cousas xa as facedes, pero seguro tamén que sacades algo novo e interesante. Ademais aparecen materiais Montessori que poden ser unha alternativa estupenda de agasallos para os vosos peques.
Deixo pequenos fragmentos de distintos tipos de xogos, que os nenos fan no cole: xogo libre no patio, xogo dirixido por un neno e xogo de movemento. Noutras entradas iremos mostrando máis.