sábado, 24 de octubre de 2015

Saída de outono polo pobo.

O venres 16 de outubro fixemos unha saída por Carregal, primeiro para coñecer a cadeliña de Mateo, posto que estamos traballando os animais domésticos, e para observar o outono, recoller froitos e follas, e como non, para visitar por fóra a granxa de cabalos, como vimos facendo anos atrás. Aos pequenos resultoulles un pouco larga a camiñata e Alba Pérez lesionouse cando viñamos de volta, pero aínda así, creo que valeu a pena. O contacto coa natureza, facerse responsables dos compis máis pequenos, poder explorar o entorno máis cercano, poder observar aos cabalos de cerquiña, cerquiña... 
Acompañáronnos Genma, a mami de Mateo, Montse, a mami de Noel e a profe Mirta, darlle as grazas as tres, por axudarnos tanto, tanto. Moitas Grazas.

2 comentarios:

  1. Molan estas salidas..... Aprendidizaje vivenciado y significativo a tope!!!

    ResponderEliminar
  2. Esas salidas son as mellores, o contacto coa realidade e a contorna máis próxima...xenial

    ResponderEliminar