domingo, 28 de enero de 2018

NOVOS RECURSOS.

Este ano na aula contamos con dous novos recursos, a caixa das cancións, que contén caixiñas pequenas, aportadas moitas delas polas familias, moitas grazas, e dentro de cada caixiña hai un obxecto que nos evoca unha canción. Está sendo todo un éxito, incluso xa recordan onde está cada obxecto, por iso de cando en vez toca cambialos para sorprendelos un pouquiño.
 E o outro recurso é a caixa da des-conexión, unha caixa a que poden acudir cando están nerviosos, inquedos ou non son quen de seguir a actividade que están facendo ... a idea é que acodan eles sós, pero de momento non o conseguimos, iremos vendo que cambios podemos facer para que eles se autorregulen e sexan conscientes de cando necesitan parar e desconectar para volver a conectar co que estaban facendo... quizáis cambiando o que hai dentro, algo pensaremos... admítense suxerencias.




miércoles, 24 de enero de 2018

Cumple profe Paula.

O xoves 11 de xaneiro foi o cumple da profe Paula e para festexalo propúxonos facer uns cupcakes sanos, que estaban moi ricos "cupcakes de cacao con crema caseira de nutella".
Moitas Felicidades Paula e moitas grazas por compartir este día especial con nós. Felicitamos tamén dende aquí a sua irmá xémea Lara. Un biquiño grande.


















domingo, 21 de enero de 2018

Sorpresas en Xaneiro.

Tras a volta das vacacións de Nadal atopamos na aula uns agasallos que nos fixeron moita ilusión e aos que lle estamos sacando moito partido. Darlle as grazas a ese Rei Mago que se acordou de nós na casa de Matteo.