viernes, 25 de noviembre de 2016

SAÍDA DE OUTONO.

O mércores 9 de novembro fixemos unha saída aos montes cercanos de Carregal, para disfrutar do outono, das cores, a paisaxe, para pararnos e observar o entorno, con calma... atopamos algúns bechos, xogaron a camuflarse, pisaron e saltaron charcos unha e outra vez, recollemos pequenos tesouros, atopamos bastante lixo; non íamos preparados para recollelo, quedamos en que para outra ocasión; sí o fariamos. Foi un fermoso paseo que todos disfrutamos moito. Darlle as grazas a profe Neli por acompañarnos. 
Sempre me gustaron as saídas ao entorno, disfrutar da natureza, pero cada vez estou máis convencida dos moitos beneficios que nos aportan, e de que os nenos/as non necesitan moito máis para xogar e,pasalo xenial e aprender en e con tódo-los sentidos.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Trasvases II.

Outro exemplo de trasvases, desta vez requerindo moita máis precisión e control motórico, posto que había que trasvasar gotiñas de auga con goteiros e despois con xeringas. 
Se vos apetece probade na casa, só necesitades o goteiro e un anaquiño de alfombra de baño, das antideslizantes.


jueves, 17 de noviembre de 2016

Xogos de movemento e puntería.

Como xa expliquei en anteriores entradas, o movemento a calquera idade ,e especialmente na etapa educativa na que nos atopamos,é fundamental para o bo desenvenvolmento físico e mental. Ademáis, proporciona placer e  diversión e esa debe ser a finalidade última do xogo.
Por iso aínda que o mellor xogo é o espontáneo e non dirixido, na aula todos os días facemos distintos tipos de xogos. para que poidan facer novos descubrimentos e para que se divirtan, ademáis de traballar outros obxectivos.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Cumple Matteo.

O mércores 2 de novembro festexamos o cumple de Matteo xa que coincidira co magosto, 4 anos xa.       Genma animouse e viu a facer o biscoito de cumple ao cole, resultou unha bonita xornada, de traballo en equipo e ricos aromas, e sabores, o biscoito de chocolotate, boísimo, que seguro Matteo non olvidará; que os  pais/nais veñan ao cole é moi significativo para eles.
Moitas grazas Genma e moitísimas Felicidades Matteo!!!!























domingo, 6 de noviembre de 2016

Magosto-Samaín 2016.

O venres 28 de outubro festexamos o magosto e o samaín, en Amorín. Ese día foi o cumple de Matteo e non puido ter mellor festa porque o pasamos xenial e houbo un montón de sorpresas.
Darlle as grazas a Anpa pola súa colaboración, ao equipo de mestres de extraescolares, pola organización e os xogos tan chulos que nos propuxeron e a todos os que fixeron este día tan especial, Tamara, a mestra de teatro, a banda de Goián, a protección civil e bombeiros  e a policía local, E por suposto a vós, as familias, por traer a leña e as castañas!!! Ahí vai o resumo do día.



sábado, 5 de noviembre de 2016

El mensaje que tu hijo/a te enviará desde el futuro.

Navegando por la web, intentando aprender de todo lo que se comparte, encontré este artículo, me encanta y creo que debemos ir en esa dirección, por eso lo comparto con vosotros. ¿ Que pensáis?

http://www.aprendiendoconmontessori.com/2016/10/el-mensaje-que-tu-hijoa-te-enviaria.html