Mostrando entradas con la etiqueta Montessori. Educación.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Montessori. Educación.. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de octubre de 2015

Unha mañá Montessori.


A filosofía do noso cole, aseméllase ou iso intentamos, a filosofía Montessori con materiais e actividades da vida real (vestirse,calzarse, descalzarse, poñer a mesa,servir a auga, lavar os platos e vasos da merenda,barrer...), onde se fomenta a autonomía dos nenos e nenas, con materiais acesibles, ao seu alcance, ordenados, collemos un material e ao rematar o voltamos a colocar ordenado e no seu sitio, actividades variadas, creativas... por iso, vos deixo este video dun día nunha escola Montessori dun neno de 4 anos, para que vexades, que sí poden e son capaces; sendo fundamental a nosa confianza neles. Xa me contaredes que vos parece.




Deixo un enlace, do blogue pequefelicidad, que trata o tema a fondo,  por se vos animades a poñelo en practica nas vosas casas, que seguro que moitas das cousas xa as facedes, pero seguro tamén que sacades algo novo e interesante. Ademais aparecen materiais Montessori que poden ser unha alternativa estupenda de agasallos para os vosos peques.

http://www.pequefelicidad.com/2015/05/como-empezar-aplicar-el-metodo.html