jueves, 11 de julio de 2019

Saídas 3º Trimestre. Cabalos.

Outra das saídas que fixemos durante o terceiro trimestre foi ao criadeiro de cabalos R.B. de Carregal, xunto cos compañeiros de Amorín e Taborda. Acompañounos María a mamá de Andi o seu avó Lucho e o profe Noé.
Darlle as grazas a María e a Lucho, por facer posible esta visita. Foi moi bonita. E ao dono do lugar por permitir que foramos.
E moitas grazas a Rafa, traballador do lugar, que foi super amable con nós e nos ensinou todas as instalacións, as éguas coas suas crías, os cabalos e éguas dun ano, os adultos... Incrible a docilidade dos animais, acercábanse, deixábanse acariñar.
Unha experiencia para repetir.







No hay comentarios:

Publicar un comentario