Unha mostra de cómo traballamos a recta numérica.
Mostrando entradas con la etiqueta MATES. ABN.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATES. ABN.. Mostrar todas las entradas
domingo, 10 de febrero de 2019
jueves, 6 de julio de 2017
Manipulando as mates II
Xa estamos de vacacións e toca disfrutalas, pero como andiven bastante liada durante o curso hai cousiñas que non me deu tempo a compartir e agora que sí teño tempo ;ahí vai, unha mostra do traballo matemático que fixemos ao longo de todo o curso.
martes, 6 de diciembre de 2016
Mates en movemento.
Se hai diversión, hai aprendizaxe, así que por qué non facer as mates divertidas? Ahí van algúns dos nosos xogos matemáticos.
lunes, 28 de marzo de 2016
sábado, 21 de noviembre de 2015
Taller matemático. Inicio e progresión no ABN.
O pasado curso iniciámonos no método matemático ABN (Aberto basado en números), baseado principalmente na manipulación e traballando aspectos numéricos ata o de agora pouco tratados en infantil como as decenas, os pares e impares, os dobles... Aquí están os nosos primeiros pasos este curso, para os máis pequenos: equivalencias, parellas lóxicas, unir metades de figuras, cadros de doble entrada... e para os demais recta numérica ata o 10 con distintos patróns, cadro numérico (do 1 ao 100), representar números con palillos, con obxectos, con pinzas... descomposición de números, sumas ata o 10... Todo traballado con xogos manipulativos, de maneira lúdica e respetando os ritmos individuais.
miércoles, 20 de mayo de 2015
Mix ABN (Gústannos as mates)
Como sabedes este curso empezamos con dúbidas e sen saber ben como ía a funcionar a traballar as mates co método ABN (algoritmo baseado en números), aventurándonos en plantexamentos como a decena, a centena, as equivalencias, os dobles, os pares e impares... ata o de agora pouco abordado ou soamente moi de soslaio cos maiores.
Pois ben, agora que estamos case que a final de curso, podemos dicir que funcionou e moi ben, con todo o grupo, cada a un ao seu nivel, pero tod@s divertíndose e querendo aprender, que penso que é o ao meu parecer, o que realmente importa.
Que sexa tan manipulativo e visual, sen dúbida, favorece a comprensión; así coma o feito de que se traballase sistemáticamente todos os luns, co taller de matemáticas e todos os días na asamblea ou ao longo da xornada cando xurdía a ocasión.
Pois aquí quedan os últimos videos do traballo matemático deste curso.
domingo, 15 de marzo de 2015
MATES MANIPULATIVAS III. VARIOS ABN .
Vos deixamos varios videos dos inicios e progresos matemáticos que están facendo os nen@s co método ABN (algoritmo baseado en números), iniciación no concepto de dobles, pares e impares, representación de números con palillos, cos dedos, completar o cadro numérico.... Está resultando moi motivador para eles, lles gusta moito e demandan máis, hai moito interese por aprender.
domingo, 1 de febrero de 2015
REPRESENTAMOS Y DESCOMPONEMOS NÚMEROS. ABN.
Más actividades matemáticas; en esta ocasión representar y descomponer números de manera manipulativa, con regletas o palillos representando unidades y decenas.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
MATES MANIPULATIVAS II
BIBI, A MAMI DE MATEO, TROUXONOS UNS TUBOS DE CARTÓN QUE NOS ESTÁN DANDO MOITO XOGO PARA UN MONTÓN DE ACTIVIDADES. AQUÍ TEDES UN EXEMPLO DE COMO OS EMPREGAMOS PARA PRACTICAR E ENTENDER CONCEPTOS MATEMÁTICOS. GRAZAS PAPIS DE MATEO POR ESTE MATERIAL.
jueves, 13 de noviembre de 2014
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A RECTA NUMÉRICA.
Un exemplo de como traballamos a recta numérica ata o 10.
sábado, 8 de noviembre de 2014
MANIPULANDO AS MATES.
Este curso iniciámonos no traballo matemático co método ABN (abierto basado en números), trátase de que os nenos/as se acheguen aos conceptos matématicos de xeito manipulativo, con materiais e situacións reais ou outros materiais tan sinxelos como palillos. Tamén facer estimacións,etc pouco a pouco irémosvos mostrando as actividades que imos facendo neste senso.
Estamos seguindo o libro "Desarrollo y mejora de la inteligencia matemática en Educación Infantil" de Jaime Martínez Montero e Concepción Sánchez Cortés.
http://algoritmosabn.blogspot.com.es/ Este é o blog oficial do método abn, aquí podedes ver actividades que están facendo en centros de toda España, tanto para infantil coma para primaria. Se vos animades podedes probalas cos vosos peques, haber que tal.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
