sábado, 23 de marzo de 2019

Convivencia. Cumple. Oficios do mar.

Este mércores viñeron a nosa aula os compis de Taborda e pasamos con eles unha xornada inmellorable: paseo pola contorna cun tempo marabilloso, celebración do aniversario da profe Nuria que nos trouxo un rico bizcoito, e visita de Basilio, o avó de Aroa, que nos explicou fantásticamente a profesión da pesca submarina, un gustazo escoitalo, tiñades que ver o atentos que estiveron os nenos e nenas a pesares de que xa era tarde, aprendemos moitísimo, encantounos. Moitísimas grazas Basilio polo teu tempo e por compartir con nós o teu saber dun xeito tan ameno, foi xenial.




No hay comentarios:

Publicar un comentario